Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego

Colocación do Pronome editar

Pronominaliza (é dicir, cambia por un pronome) o CI polo pronome persoal de 3ª persoa.
1. Contamos aos nosos pais o que nos pasara na festa.
2. Non dixo toda a verdade á filla.
3. Iso trouxo a el problemas.
4. Terás que levar ao oculista os lentes vellos.
5. Has entregar ao profesor o traballo en limpo.
6. Non deas a eles o que non che deron a ti.
7. Deu un bico aos pais pola mañá.
8. Amosei ós visitantes os museos da cidade.
9. Faltou pouco a eles para aprobar; a ela non fai falta axuda.
10. Deu un premio aos fillos.

Pronominaliza o CI e mailo CD, facendo as contraccións que cumpra.
1. Sirve o caldo aos teus irmáns.
2. Fai os deberes á súa irmá porque ela non sabe.
3. Di a verdade a estes homes.
4. Tróuxonos un regalo ben bonito.
5. Ensinouvos todo canto sabía.
6. Darei a ti todo canto me pidas.
7. Non che quero esas nabizas.
8. Quen vos dera este pastel!
9. Non me fagas ese feo.
10. Hei dar a vós todo o meu.

Nas seguintes oracións coloca o pronome átono onde corresponda, tendo en conta a negación, a entoación e se a oración é simple ou composta.
1. Que cousas ……… dixo ………! (lle)
2. Como ………… puxo …………! (se)
3. Non ………… fagas …………iso. (nos)
4. Moito ………… repetín, ……… pero nunca …… fixo …… caso. (llo, me)
5. Di ……… a verdade que eles ……… queren ……… ben. (lles, te)
6. Nunca …… dixo ……… nada que …… molestase ………(lles, lles)
7. Mal raio ……… parta ………! Eu non ……… aturo ……. (te, te)

Coloca o pronome átono onde corresponda.
1. Ninguén ……… fará ………… cambiar de opinión. (me)
2. Ningunha compensación …………… resarciría ……… desa perda. (vos)
3. Ningún dos amigos ……… abandonou ……… naquel transo. (a)
4. Eses ovos ……… facían ……… unha boa tortilla. (che)
5. Non ……… me ……… gorentan ……… os doces. (che)
6. Señores, eses ……… son ………… perigosos. (lles)
7. Señora, ………… son ………… ben bos estes grelos. (lle)
8. Todo ………… foi ……… un invento dela. (che)

Corrixe os erros das oracións seguintes.
1. Me parece que desta aprendinme a colocación do pronome.
2. Non che vin onte no cine.
3. Non se o prestes, que mérqueo ela.
4. Dime quen che o fixo.
5. Me verás ou non me verás.
6. Vos tedes que ir de contado.
7. Paréceme que estaste metendo de máis.
8. Díxolles que axudaríaos.
9. Se vésme pedir axuda, vaite agora mesmo.
10. Os acabei, os exercicios, por fin!

ver tamén editar