Os fillos da vide

Os fillos da vide é unha longametraxe documental, a primeira de Ana Domínguez Díaz, na que se narran os ciclos da vide e as estacións, os viñedos, a vendima e o viño para mostrar a relación que a xente tiña coa terra desde o persoal ao ancestral.

Os fillos da vide
Ficha técnica
DirectorAna Domínguez Díaz
GuiónAna Domínguez Díaz
MúsicaLucía Rolle
FotografíaÁngel Rueda
Estrea2017
Duración69 minutos

Traxectoria editar

A rodaxe comezou no ano 2009, sendo un traballo de anos, preestreouse na Rúa no ano 2016[1] e estreouse en 2017 no Festival Internacional de Sevilla e no festival do Uruguai.[2] Proxectouse en Cineuropa [3] e no Play-Doc[4][5] no ano 2018.

Premios editar

Foi galardoada como Mellor Película Galega en 2018 na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego.[6]

Notas editar

  1. Cruz, José M. (24 de decembro de 2016). "'Os fillos da vide', un viaje por las vendimias tradicionales". La Región (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  2. "A directora galega Ana Domínguez estrea a súa primeira longametraxe: 'Os fillos da vide'". www.crtvg.es. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  3. "«Os fillos da vide»". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de novembro de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  4. "Os Fillos da Vide". Play-Doc. Consultado o 2019-06-25. 
  5. "Estrea Os Fillos da Vide. PLAY DOC 2018 - Tui". es-es.facebook.com (en castelán). Consultado o 2019-06-25. 
  6. Cultura Galega (ed.). "As realizadoras Ana Domínguez e Roser Corella levan os premios da MICE". Consultado o 25 de xuño de 2019.