Os asasinos (filme de 1946)
Os asasinos (en inglés: The Killers) é un filme estadounidense de 1946 dirixido por Robert Siodmak. Baséase en parte na historia curta "The Killers" de Ernest Hemingway.[2] Está protagonizado por Burt Lancaster no seu primeiro filme, Ava Gardner, Edmond O'Brien e Sam Levene. No filme tamén aparece William Conrad, na súa primeira aparición cun papel acreditado, como un dos asasinos.[3] John Huston e Richard Brooks escribiron xuntos o guión pero non aparecen acreditados. No seu canto aparece Anthony Veiller.
Os asasinos | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Killers |
Director | Robert Siodmak |
Produtor | Mark Hellinger |
Guión | Richard Brooks Anthony Veiller John Huston |
Baseado en | "The Killers" de Ernest Hemingway |
Intérpretes | Burt Lancaster Ava Gardner Edmond O'Brien Sam Levene |
Fotografía | Woody Bredell |
Montaxe | Arthur Hilton |
Estudio | Mark Hellinger Productions |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 28 de agosto de 1946 2 de febreiro de 1990 (TVG) |
Duración | 103 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Recadación | $2 500 000 (USA)[1] |
Na rede | |
En 2008, Os asasinos foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo."
Estreouse en galego o 2 de febreiro de 1990 a través da TVG.[4]
Sinopse
editarDous asasinos a soldo chegan a unha pequena poboación e matan o empregado dunha gasolineira: Ole Andreson "o Sueco" (Burt Lancaster), que os estaba agardando. O detective Reardon (Edmond O'Brien) investiga o caso para a compañía de seguros na que traballa, a pesar de que o seu xefe lle di que non o faga, por tratarse dun asunto de pouca importancia económica.[5] Reardon comeza a atar cabos e descobre que a vida do "Sueco" estivo chea de enganos e de crimes, e que en todo iso tiña algo que ver a misteriosa Kitty Collins (Ava Gardner).
Personaxes
editar- Burt Lancaster como Pete Lund/Ole "Swede" Andreson
- Ava Gardner como Kitty Collins
- Edmond O'Brien como Jim Reardon
- Albert Dekker como "Big Jim" Colfax
- Sam Levene como Tenente Sam Lubinsky
- Vince Barnett como Charleston
- Virginia Christine como Lilly Harmon Lubinsky
- Charles D. Brown como Packy Robinson
- Jack Lambert como "Dum-Dum" Clarke
- Donald MacBride como R.S. Kenyon
- Charles McGraw como Al
- William Conrad como Max
- Phil Brown como Nick Adams
- Jeff Corey como "Blinky" Franklin
- Harry Hayden como George
- Bill Walker como Sam
- Queenie Smith como Mary Ellen Daugherty
- Beatrice Roberts como enfermeira
- John Miljan como Jake the Rake
- Vera Lewis como Ma Hirsch
Notas
editar- ↑ "60 Top Grossers of 1946", Variety 8 de xaneiro de 1947 p8
- ↑ Paste, ed. (9 de agosto de 2015). "The 100 Best Film Noirs of All Time". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2015. Consultado o 9 de agosto de 2015.
- ↑
- William Conrad na IMDb (en inglés)..
- ↑ "Programación da TVG". ABC. 2 de febreiro de 1990. Consultado o 10 de abril de 2018.
- ↑ Abellán, Javier (18 de decembro de 2017). "¿Pagarle al asegurado? ¿Para qué?". Cuadrivio (en castelán). Cidade de México. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Os asasinos |
Ligazóns externas
editar- Os asasinos na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)