Abrir o menú principal

Os Pitufos (en inglés: Smurfs) é unha serie estadounidense de debuxos animados protagonizada polos divertidos personaxes azuis creados polo historietista belga Peyo. Producida por Hanna-Barbera Productions, e estreada a finais do terceiro trimestre do ano 1981 na canle NBC, a serie, de 256 capítulos cun total de 421 historias, deu o seu fin o 25 de agosto do 1990 tras nove tempadas. En Galiza a serie foi emitida por varias canles privadas amais, tamén na canle autonómica TVG dentro do contedor Xabarín Club.

FormatoAnimación, Familiar, Fantasía
Creado porPeyo
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Episodios256 (9 tempadas)
Produtor(es)
executivo(s)
Hanna-Barbera Productions
Duración22 minutos (aprox.)
Canle de orixeNBC
Formato de imaxe4:3
Primeira emisión12 de setembro de 1981
Derradeira emisión25 de agosto de 1990
Páxina web
Ficha na IMDb

Índice

SinopseEditar

Os Pitufos son pequerrechiñas criaturas azuis que moran ó aconchego nun curruncho dunha fraga onde o seu lar, a aldea dos pitufos, está formada por casiñas semellantes ós cogomelos. Teñen candanseu oficio e especialidades diferentes. No seu falar adoitan usa-lo termo "Pitufar" que ten significados varios segundo en que xeito se diga.

Céntranse por medio de dous principais personaxes: Papá Pitufo e Pitufina; Papá Pitufo caractirízase polo seu chapeu e pantalóns vermellos e pola súa barba branca, é o líder do grupo e na súa ausencia os demais pitufos non saben como se organizaren, o que fai que haxa liortas na aldea. Á Pitufina diferénciase polo seu louro cabelo e por se-la única muller entre os pitufos. Os homes senten envexa e celos cando un pitufo tentar chama-la súa atención.

O meirande perigo dos pitufos é o meigo Gargamel que ten a obsesión dos atrapar para facer unha exquisita sopa con eles. Conta coa axuda do seu micho Azrael, que servirase del e do seu bo olfacto para acha-lo abeiradoiro dos pitufos.

Véxase taménEditar