Orgullo Petrolero

Orgullo Petrolero (renomeado como Cerro de la Pez)[1] é un buque de apoio a plataformas petrolíferas, construído na Ría de Ferrol por Navantia para Pemex, cun custo de 150 millóns de euros. O buque forma parte dunha serie de dous contratados xunto con Barreras Vigo, o Reforma Pemex.

Orgullo Petrolero
Cerro de la Pez (actual)

Botadura de Orgullo Petrolero en Navantia Ferrol.
Historial
Estaleiro Navantia Ferrol Galicia
Clase BAP
Tipo Flotel
Operador Pemex
Porto de rexistro A Valeta (Malta Malta)
Autorizado 22 de maio de 2014
Posta en grella 30 de outubro de 2014
Botado 28 de agosto de 2015
Asignado 16 de xullo do 2016 (previsión)
Viaxe inaugural Ferrol-México (maio 2018)
Destino Golfo de México
Características xerais
Desprazamento 7 000 toneladas
Eslora 131,20 metros
Manga 27 metros
Velocidade 10,8 nós
Capacidade 700 persoas

OMI: 9673898, MMSI: 256152000, chamada: 9HA3836

Descrición editar

Os inicios do proxecto partiron da negociación da Xunta de Galicia con Pemex para conseguir traballo nos estaleiros galegos. O 5 de marzo de 2014 asinouse o acordo coa sociedade PMI Norteamérica S.A[2]. Durante a construción do buque, Pemex tentou a venda do flotel á operadora norueguesa Volstad, que o cedería en réxime de alugueiro.[3]

O buque botouse na ría de Ferrol cun adianto de dous meses sobre a data prevista, tendo construído o 65%. Foi botado o 28 de agosto de 2015, sendo madriña Victoria Eugenia Aguiar Meugniot.[4] Permaneceu atracado na ría de Ferrol ata maio de 2018.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar