Orgánico
páxina de homónimos
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Orgánico,[1] do grego όργανον (organon), refírese a:[2]
Química
editar- Composto orgánicos, produtos químicos baseados en carbono e hidróxeno xeralmente de orixe animal ou vexetal.
- Ácido orgánico, composto químico que contén un grupo funcional carboxilo (-COOH) unido a un átomo de carbono.
- Factores orgánicos, os relacionados cos seres vivos.
- Síntese orgánica, proceso de construír moléculas orgánicas complexas a partir de precursores máis sinxelos mediante reaccións químicas.
Ecoloxía
editar- Materia orgánica, materia ou substancia que procede dos seres vivos.
Agricultura
editar- Fertilizante orgánico, os propios da agricultura ecolóxica.
- Alimento orgánico "alimentos ecolóxico" ou "alimentos biolóxicos", son os alimentos cultivados na agricultura ecolóxica, evitando substancias sintéticas.
Arquitectura e urbanismo
editar- Urbanismo orgánico (crecemento) ou trazado orgánico é o proceso de crecemento e desenvolvemento de cidades e vilas de maneira natural e progresiva ao longo do tempo, sen seguir un plano urbanístico. Caracterízase pola adaptación ao terreo, o crecemento evolutivo e espontáneo, rúas irregulares, escala humana e a integración de usos do solo, reflectindo a historia e as necesidades cambiantes da poboación
- Urbanismo orgánico ou urbanismo organicista é un termo usado desde mediados do século XX, referido a un enfoque urbanístico que aplica os principios da arquitectura orgánica ao desenvolvemento de cidades e vilas, caracterizado pola adaptación ás características naturais do terreo, respectando a topografía, cursos de auga e a vexetación existentes.
- Arquitectura orgánica ou organicismo arquitectónico, é a concepción arquitectónica que busca imitar a natureza, considerando os edificios como organismos que se adaptan ao medio, respectando os hábitats naturais e humanos, usando formas de crecemento dos seres vivos, fronte a outras concepcións arquitectónicas que se asemellan máis a patróns xeométricos de cristalización.
Física
editar- Diodo emisor de luz orgánico (OLED)
- Semicondutor orgánico, composto orgánico en forma de cristal ou polímero, que presenta propiedades similares ás dos semicondutores inorgánicos.
Administración
editar- Orgánico é o relativo ou pertencente á organización dun estado ou dunha entidade, por exemplo lei orgánica, como Lei Orgánica de Universidades; no franquismo Ley Orgánica del Estado foi unha das oito Leis Fundamentais do Reino da estrutura da ditadura.
Notas
editar- ↑ "orgánico". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-07-19.
- ↑ Cando o adxectivo calificativo «orgánico, orgánica» alude ao que ten vida, é porque están compostos por carbono (C) e hidróxeno (H). A denominación «orgánica» da rama da química (química orgánica) é por virtude de que estes elementos, xunto co osíxeno (O) e o nitróxeno (N), son integrantes esenciais dos seres vivintes. Constitúen o famoso CHON. Polo tanto a súa connotación sinónima es só parcial, sendo en realidade un hipónimo.