Orfos foi un grupo de metal galego da cidade de Vigo, que combinaba a lingua galega e o castelán nas súas letras. O seu último disco levou por título Noctarium (2009), editado baixo o selo Producciones Malditas.

Orfos
Concerto na sala Iguana de Vigo (5 de decembro de 2009)
OrixeVigo, Galiza
Período1998-2010
Xénero(s)Metal
Selo(s) discográfico(s)Producciones malditas
MembrosCamilo Montes
Marcos Bao
Adrián P. Fojo
Uxía Carrera
Brais Calles
Antigos membrosMiguel, Pepe, Héctor.
Na rede
http://www.orfos.net

Traxectoria e estilo editar

A banda botou a andar no 1998 co nome de Pantokrator, denominación que foi substituída pola de Orfos no 2004. Dende o 2007, e tras sucesivos cambios na formación, quedou composta por Camilo Montes (voz), Marcos Bao (guitarra), Adián P. Fojo (guitarra), Uxía Carrera (baixo) e Brais Calles (batería). No mesmo ano 2007, Orfos participou na elaboración do Gallaecian metal compilation, recompilación de temas do metal galego. No ano 2010 anunciaron a disolución da banda, mais sen pechar as portas a unha posible reaparición[1].

Orfos apostou por un estilo dacabalo entre o hard rock e o metal, primando a melodía e a creatividade nas súas composicións.

Discografía editar

  • Non (1998)
  • Orfos I (2000)
  • Orfos II (2004)
  • Naialma (2006)
  • Noctarium (2009)

Notas editar

  1. "Comunicado de disolución da banda". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2008. Consultado o 18 de marzo de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar