O opus spicatum ou espiña de peixe é un tipo de construción utilizada nos tempos da Roma antiga e da Idade Media, aínda que en construcións rurais tamén se aplicou durante os séculos XVII e XVIII. Consta de ladrillos ou pedras talladas, colocadas cun patrón en forma de espiña de peixe.[1]

Pavimento no Mercado de Traxano en opus spicatum.

Usos editar

O seu uso era xeralmente decorativo foi máis comunmente utilizado como pavimento,[2] aínda que tamén se atopa como técnica de construción de muros ou paredes.[3] A súa aplicación en planos horizontais, como pavimentos ou simplemente decorativo non presenta ningún problema, aínda que a aplicación en muros de carga, é un pouco débil, xa que nos ángulos oblicuos dos elementos tenden a abrirse horizontalmente baixo a comprensión.

A miúdo o termo utilízase como sinónimo de "espiña de peixe", moi similar, coa diferenza de que as pedras en espiga están colocadas facendo zigzag, imbricadas unhas con outras, mentres que as de espiña de peixe fan capas horizontais e rectilíneas.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Diccionari de Arte II, 2003, p. 132
  2. Lajo 1990, p. 150
  3. "Pavimento de opus spicatum". um.es (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar