Flor da abella

especie de planta
(Redirección desde «Ophrys scolopax»)

A flor da abella, Ophrys scolopax,[1] é unha orquídea terrestre europea. O seu xinostema pode lembrar a cabeza e o peteiro dunha arcea, de aí o seu nome científico (scolopax é unha palabra latina de orixe grega que significa "arcea").

Descrición

editar
 

É unha planta mediana (20-50 cm), cun talo delgado, a inflorescencia é bastante solta, composta de 3 a unhas dez flores. As flores son bastante variables, pero o aspecto xeral do labelo é sempre alongado e trilobulado, con bordos laterais claramente rebaixados, con forte xibosidade. O lóbulo mediano do labelo remata nun apéndice enteiro verdoso ou trilobulado.

Floración

editar

De marzo a maio.

Hábitat

editar

É unha especie que aprecia a luz (matogueiras, céspedes, breixos) ou a sombra parcial (claros de piñeiros).

Distribución

editar

España, Portugal, Italia, norte de África.

Galería de imaxes

editar
  1. Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar