Operación E
Operación E é un filme franco-galego dirixido por Miguel Courtois Paternina que se estreou no 2012. É unha produción de ZircoZine, Tormenta Films e A.J.Ou.Z. Films (Francia), co apoio de TVE e Canal + Francia e a distribución de DeAPlaneta en España e a nivel internacional e de EuropaCorp en Francia. É a primeira produción internacional da produtora galega independente ZircoZine, e foi rodada en Colombia. Está protagonizado por Luís Tosar, que interpreta o campesiño colombiano José Crisanto e Martina García no papel de Liliana, a súa muller.
Operación E | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Operación E |
Director | Miguel Courtois Paternina |
Produtor | Faruco Castromán Luís Tosar Cristina Zumárraga Marisa Castelo Ariel Zeïtoun |
Guión | Antonio Onetti |
Baseado en | Operación Emmanuel |
Intérpretes | Luís Tosar Martina García Farruco Castromán Gilberto Ramírez Sigifredo Vega |
Música | Thierry Westermeyer |
Fotografía | Josu Incháustegui |
Montaxe | Jean-Paul Husson |
Estudio | Tormenta Films Ajoz Films ZircoZine |
Distribuidora | EuropaCorp |
Estrea | 2012 |
Duración | 109 minutos |
Orixe | Galicia Francia |
Xénero | Drama e suspense |
Orzamento | $3 000 000[1] |
Na rede | |
A historia do filme está baseada en feitos reais, na operación humanitaria coñecida como Operación Emmanuel (2007-2008), que consistiu no rescate de Clara Rojas, o seu fillo Emmanuel, que naceu en cativerio, e Consuelo González de Perdomo, os cales permaneceron máis de seis anos en poder das FARC nas selvas colombianas.
Sinopse
editarUnha muller secuestrada polas FARC dá a luz un neno no medio da selva colombiana. No momento do parto, a guerrilla arrebátalle o bebé á súa nai e entrégallo a Crisanto, un modesto agricultor que sobrevive na xungla coa súa muller, os seus cinco fillos e o seu sogro, un curandeiro indíxena. Crisanto deberá facerse cargo do neno baixo ameaza de morte, pero o pequeno está gravemente enfermo. Toda a familia trata de salvarlle a vida, que é tamén a súa. A súa loita sen descanso levaralles río abaixo sorteando toda clase de adversidades, descoñecendo que se esconde tras o interese da guerrilla polo pequeno.
Personaxes
editar- Luís Tosar como José Crisanto
- Martina García como Liliana
- Gilberto Ramírez como Don Ramoncito
- Francisco Pérez como Jerónimo
- Eileen Moreno como Solangie
- Juan Carlos Contreras como Fiscal Xeral
- Elkin Correa como Xeneral
- Jaime Correa como Guerrilleiro Maestro
- Hedras Urrego como Camareiro do asador
- Sigifredo Vega como Miguel
- Farruco Castromán como Dr. Rocha
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor actor | Luís Tosar | Gañador |
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial
- Operación E na IMDb (en inglés).
- Ficha no soportal do audiovisual galego.
- O filme en Zircozine.com