Abrir o menú principal

OpenSkies é unha aeroliña transatlántica propiedade de International Airlines Group (IAG), operando baixo a marca Level. A súa sede atópase en Rungis, preto de París.

OpenSkies
OpenSkies logo.jpg
IATA
LV
OACI
BOS
Indicativo
MISTRAL
Fundación2008
Plan de voo frecuenteAvios
AlianzaOneworld (afiliada)
Frota2
HoldingInternational Airlines Group
Páxina web: https://www.flylevel.com

A aeroliña naceu como unha marca de BA European Limited en xuño de 2008 pero en abril de 2009 o nome foi transferido a Elysair (que operara como L'Avion). A compañía era unha aeroliña de servizos plenos e ofrecía cabinas con tres clases nos seus avións, operando entre o aeroporto de París-Orly en Francia a Newark e Nova York.

OpenSkies cesou as operacións baixo a súa propia marca no verán de 2018 para operar para a nova subsidiaria de baixo custo de IAG Level.[1]

FrotaEditar

En setembro de 2018 a frota de OpenSkies, que opera baixo a marca Level, está formada polos seguintes avións:[2]

Frota de OpenSkies
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
W Y Total
Airbus A330-200 2 21 293 314 Operados por Level
Total 2

NotasEditar

  1. "IAG - International Airlines Group - News Release". www.iairgroup.com. Consultado o 2018-12-02. 
  2. "Global Airline Guide 2017 (Part One)". Airliner World (Outubro de 2017): 14. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar