Oogonio
O oogonio[1] (en latín e noutras linguas, Oogonium; en plural, oogonia) é o órgano reprodutor feminino das talófitas, célula maioritaria do tecido ovárico que é fonte de oocitos[2]. Tamén é nomeado coma ovogonia ou oogonia[3]. Pódese referir a un óvulo de primeira orde no feto femia ou ao gametanxio de certos talófitos.
No feto
editarOs oogonios fórmanse en gran número pola mitose cedo no desenvolvemento dun feto a partir das células xerminativas. Nos humanos comezan a se desenvolver entre a cuarta e a oitava semana e están presentes no feto entre as semanas 5 e 30.
Unha vez que as células xerminativas chegaron ao interior do ovario desenvólvense coma oogonios. Os oogonios migran dende o saco de xema á beira xenital (o local dos ovarios futuros) situados na parede abdominal posterior.
Os oogonios desenvólvense por mitose. Así mesmo algúns deles tórnanse oocitos de primeira orde, os cales comezan a meiose que se detén na profase I. Cando entran na profase I da meiose vólvense oocitos de primeira orde; cómpre dicir que estes procesos complétanse antes do nacemento, en contraste coa espermatoxénese. Os oocitos de primeira orde están presentes dende a semana 10 até a menopausa aos ~53 anos nas mulleres.
Nos talófitos
editarEn ficoloxía e micoloxía, oogonio refírese ao gametanxio feminino se a unió do masculino (mótil ou non mótil) e a feminina (gameto) ten lugar dentro desta estrutura.[4][5] Os oognios normalmente están arrodeando células ou sacos que conteñen unha ou máis oosferas. O anteridio masculino adoita producir moitas células con flaxelos agás nos Rhodophyta que non teñen flaxelos.[6]
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2014. Consultado o 22 de xullo de 2014.
- ↑ Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
- ↑ Sinónimos en "Bioloxía fundamental" de Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; e Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
- ↑ Stegenga, H. Bolton, J.J. and Anderson, R.J. 1997. Seaweeds of the South African West Coast. Bolus Herbarium, University of Cape Tow. ISBN 0 7992 1793 X
- ↑ Smyth, G.M. 1955. Cryptogamic Botany. vol. 1. McGraw-Hill Book Company
- ↑ Fritsch, F.E. 1965. The Structure and Reproduction of the Algae. Vol. 1 Cambridge University Press