Abrir o menú principal

Ono no Komachi (小野 小町 825900?) foi unha poetisa xaponesa, que se distinguiu no xénero waka, sendo considerada un dos seis mellores poetas deste xénero: os rokkasen, durante o período Heian. A súa beleza tornouse proverbial e é mesmo un dos símbolos da beleza feminina no Xapón.[1]

Ono no Komachi
Ono no Komachi.jpg
Nacemento825
Falecemento900
NacionalidadeXapón
Ocupaciónpoeta e escritora
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

O lugar de nacemento e morte de Komachi é incerto. De acordo con certa tradición, naceu na actual provincia de Akita. Descoñécese, tamén, o seu status social. Se cadra era unha das esposas do emperador de baixo nivel xerárquico, o emperador Nimmyō (c. 833-850).

Como poetisa, especializouse en temas amorosos. A maior parte dos seus waka refírense á ansiedade, a soidade ou amor apaixonado. É a única muller referida no prefacio do Kokinshu, que describe o seu estilo como "contendo a inxenuidade propia do estilo antigo mais, tamén, delicadeza".

Existen varias lendas respecto ás paixóns de Komachi, sendo a máis famosa a que a relaciona con Fukakusa no Shosho, un importante cortesán. Komachi teríalle prometido que se a visitaba cen noites consecutivas, sería a súa amante. Fukakusa no Shosho visitouna todas esas noites mais fallou unha vez. Por mor da desesperanza, o cortesán adoeceu e morreu. Komachi ficaría profundamente trastornada coa súa responsabilidade no caso.

NotasEditar

  1. Digital Daijisen entry "komachi". Shogakukan.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Hirshfield, Jane; Aratani, Mariko (1990). The Ink Dark Moon: Love Poems by Ono no Komachi and Izumi Shikibu, Women of the Ancient Court of Japan. Nova York: Vintage Books. ISBN 0-679-72958-5.