Omega (orquestra)

conxunto galego de música espontánea

A O.M.E.GA (Orquestra de Música Espontánea de Galicia) é unha orquestra de improvisación libre experimental. Está formada por un colectivo duns vinte artistas, na súa maioría galegos, vencellados ó CNTPS (Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro), de Santiago de Compostela.

concerto na sala Nasa de Santiago de Compostela.

Características editar

Os seus compoñentes proceden de diferentes campos artísticos. Emiten música totalmente improvisada baixo a dirección xestual de catro dos seus membros, por medio dun sistema de sinais convido previamente no relativo ó ritmo, instrumento, ton, dinámica, tempo, sección, estilo ou silencio.

Entre os elementos sonoros usados, ademais de instrumentos clásicos (violín, violoncello, clarinete, contrabaixo...), a orquestra usa "desde xoguetes a calquera influencia musical ou ruidística, contos para nenos, instrumentos acústicos, música clásica, instrumentos electrónicos analóxicos e dixitais, música contemporánea, free-jazz, textos diversos e referencias a sons do mundo ou música popular de calquera época ou lugar".

Entre os seus membros están:

  • Fernando Abreu (clarinete, clarinete baixo)
  • Chefa Alonso (saxo soprano, dirección)
  • Fito Ares (saxo soprano, frauta traveseira)
  • Andrés Castro (sitar)
  • Carlos Castro (vibráfono, percusión)
  • Isaac Feliú (trombón)
  • Xacobe Lamas (violín)
  • LAR Legido (batería, dirección)
  • Javier López (frautas)
  • Bernardo Martínez (saxo alto, clarinete)
  • Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo)
  • María Jesús Mellado "LaChú" (frauta)
  • Macarena Montesinos (violoncello)
  • María Move (voz, violoncello)
  • Nacho Muñoz (teclado)
  • Pablo Orza Pérez (voz, obxectos sonoros, dirección)
  • Quique Otero Suárez (teclado)
  • Marcos Padrón (acordeón)
  • María José Pampano López (viola)
  • Pablo Pérez (contrabaixo)
  • Pablo Rega (baixo, guitarra eléctrica, dirección)
  • Mauro Sanín Leira (zanfona)
  • David Santos (baixo eléctrico)
  • Miguel Seoane: (guitarra eléctrica)
  • Xabi Souto (guitarra eléctrica)
  • Miguel (trompeta)
  • Pablo "Sax" F. Sinde(saxos alto, soprano e tenor)
  • Patxi Valera Otero (batería)
  • Xesús Valle (computadora, paisaxes sonoras manipuladas)
  • Elena Vázquez Ledo (violín)
  • Rafa Xaneiro (electrónica)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ron, Xesús e Valera, Patxi (eds.) (2011): De Parto a Omega. 10 anos de improvisación libre. Santiago de Compostela, Grupo Chévere.

Ligazóns externas editar