Olof Celsius
botánico sueco
Olof Celsius, coñecido como o vello, nado o 19 de xullo de 1670 en Uppsala e finado o 24 de xuño de 1756 en Estocolmo, foi un botánico, filólogo e crego sueco.
Olof Celsius | |
---|---|
![]() Olof Celsius | |
Datos persoais | |
Nacemento | 19 de xullo de 1670 |
Lugar | Uppsala, Suecia ![]() |
Falecemento | 24 de xuño de 1756 (85 anos) |
Lugar | Estocolmo, Suecia |
Residencia | Suecia |
Nacionalidade | Sueco |
Fillos | Olof Celsius, Margareta Celsia Björck e Magnus von Celse |
Actividade | |
Campo | Botánica |
Alma máter | Universidade de Uppsala |
Contribucións e premios | |
Influíu en | Carl von Linné |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi profesor na Universidade de Uppsala, en Suecia.[1] Tamén foi mentor do botánico Carl von Linné. Celsius escribiu o seu libro máis famoso co título de Hierobotanicon, sobre as plantas que aparecen na Biblia e foi membro da Real Academia das Ciencias de Suecia dende 1739.
O seu sobriño, Anders Celsius, foi o astrónomo e físico que inventou a escala centesimal do termómetro.
NotasEditar
- ↑ Encyclopædia Britannica (ed.). "Olof Celsius". Consultado o 15 de maio de 2016.