Olesa de Montserrat

Olesa de Montserrat é un concello da provincia de Barcelona, Cataluña, situado na comarca do Baix Llobregat e por onde pasa o río Llobregat.

Olesa de Montserrat
Escut d'Olesa de Montserrat.svg
Localización
Localització d'Olesa de Montserrat respecte del Baix Llobregat.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaBaix Llobregat
Xeografía
Altitude124 msnm
Superficie16,63 km²
Demografía
Poboación23.646 hab. (2010)
Densidade1.421,89 hab/km²
XentilicioOlesà, olesana
Outros datos
Código postal08640
AlcaldeSalvador Prat Asensio
www.olesam.org

XeografíaEditar

 
Vista de Olesa de Montserrat.

O termo municipal está rodeado por catro pobos: ao norte, Vacarisses; ao leste, Viladecavalls; o río Llobregat divide Esparreguera no poñente; e ao sur, Abrera. A súa extensión é de 16,75 km² destes, 2,752 km² corresponden ao solo urbano e industrial. Contaba cunha poboación de 22.914 habitantes en 2008.

Dada a súa situación xeográfica e a súa altitude, Olesa atópase dentro do que se denomina clima mediterráneo, caracterizado por invernos moderados e veráns non excesivamente calorosos. No inverno as temperaturas oscilan en 5 °C e 6ªC. O verán é seco cunha temperatura media de 24 °C. A media de precipitacións anuais oscila entre 500 e 600 L/m².

DemografíaEditar

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
3.554 5.621 6.102 10.092 13.788 17.151 23.646

CulturaEditar

Olesa caracterízase pola súa produción artesanal de aceite de oliva e téxtil, e polas representacións teatrais protagonizadas por actores afeccionados, veciños do concello, de La Passió d'Olesa de Montserrat durante a Semana Santa que narra os últimos días da vida de Xesucristo.

Localidades irmandadasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar