Ole Einar Bjørndalen

Ole Einar Bjørndalen, nado en Drammen o 27 de xaneiro de 1974 é un ex biatleta noruegués, alcumando o "Rei do Bíatlon". Con 13 medallas nos Xogos Olímpicos de Inverno, é o segundo deportista con máis medallas despois de Marit Bjørgen.[1] Tamén é o biatleta de máis éxito nos campionatos do mundo de bíatlon, con 45 medallas, máis do dobre que calquera outro biatleta agás Martin Fourcade. Con 95[2] vitorias na Copa do Mundo, Bjørndalen é o primeiro en vitorias no Biathlon World Cup tour, máis do duplo que os demais deportistas excepto Fourcade. Gañou o título da Overall World Cup seis veces, en 1997–98, 2002–03, 2004–05, 2005–06, 2007–08 e 2008–09.

Ole Einar Bjørndalen
Nacemento27 de xaneiro de 1974
Lugar de nacementoDrammen
NacionalidadeNoruega
Ocupaciónbiatleta, esquiador de fondo e biathlon coach
CónxuxeDarya Domracheva e Nathalie Santer
IrmánsDag Bjørndalen
PremiosAftenposten Gold Medal, Egebergs Ærespris, Fearnley award, Holmenkollen Medal, Norwegian Sportsperson of the Year, People sport prize, Idrettsgallaens hederspris e Solprisen
Na rede
http://www.oleeinarbjoerndalen.com/
IMDB: nm1298263 Facebook: OleEinarBjoerndalen Instagram: oleeinarbjorndalen Olympic.org: ole-einar-bjoerndalen Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

En 1992, gañou a primeira medalla da súa carreira no campionato do mundo júnior. Un ano despois, tras gañar tres títulos do campionato do mundo júnior, marca só lograda previamente por Sergei Tchepikov, Bjørndalen debutou na Biathlon World Cup. Revelouse en 1994 cando tivo o seu primeiro podio na Copa do Mundo en Bad Gastein, Austria. Bjørndalen competiu por primeira vez nos Xogos Olímpicos en Lillehammer 1994, celebrados no seu país nata. Obtivo a súa primeira gran vitoria o 11 de xaneiro de 1996 nunha competición de Antholz-Anterselva, Italia. O 20 de febreiro de 2041, foi elixido para a comisión de deportistas do Comité Olímpico Internacional para un mandato de oito anos.[3] Dimitiu do posto en 2016 para continuar a súa carreira.[4]

Vida privada editar

Bjørndalen creceu nunha granxa de Simostranda, cuarto de cinco fillos. Un dos seus irmáns é o biatleta Dag Bjørndalen. Ambos formaron parte do equipo noruegués que obtivo a medalla de prata nas remudas dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998.[5]


Bjørndalen vive na vila de Obertilliach, Austria. Tamén adoitaba vivir en Toblach, Italia, coa biatleta italo-belga Nathalie Santer. Comezaron a súa ralación en 1998 e casaron o 27 de maio de 2006. O 4 de outubro de 2012 asinaron o divorcio por consentimento mutuo.

En abril de 2016, ademais de anunciar que ía continuar a súa carreira deportiva ata os Xogos Olímpicos de 2018 en Pyeongchang, Bjørndalen confirmou que mantiña unha relación coa biatleta belarusa Darya Domracheva, e que estaban esperando o seu primeiro fillo.[6] O 7 de xullo de 2016 casaron en Sjusjøen, Noruega.[7] A súa filla Xenia naceu o 1 de outubro do mesmo ano.[8]

O 3 de abril de 2018, Bjørndalen anunciou a súa retirada do bíatlon, acabando a súa carreira tras non ser convocado no equipo noruegués para os Xogos de PyeongChang, o que fixo que non lograse a participación nos que serían os seus sétimos Xogos Olímpicos.

Notas editar

  1. "Bjorndalen sets Winter Olympics medal record". UPI. 19 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2014. 
  2. "World Cup Biathlon Victories: How Many for Ole?". IBU. 3 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 3 de decembro de 2015. 
  3. "Athletes select two IOC reps". ESPN. 20 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  4. "IOC statement on Ole Einar Bjørndalen". IOC. 5 de abril de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2018. 
  5. "Ole Einar Bjørndalen". Encyclopædia Britannica. 14 de marzo de 2018. Consultado o 3 de abril de 2018. 
  6. "No Retirement for Bjorndalen; Aiming for 2018 OWG". International Biathlon Union. 5 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2016. Consultado o 12 de abril de 2016. 
  7. "Giftet seg på Sjusjøen". 
  8. "Bjørndalen og Domratsjeva har fått en datter: – Vi er to stolte foreldre". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar