Oier Sanjurjo Maté

futbolista español

Oier Sanjurjo Maté, nado en Lizarra o 25 de maio de 1986, é un futbolista navarro. Xoga de defensa e o seu equipo actual é o Osasuna.

Oier
Información persoal
Nome Oier Sanjurjo Maté
Nacemento 25 de maio de 1986 (37 anos)
Lugar de nacemento Lizarra
Altura 1,78 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Osasuna
Número 15
Carreira xuvenil
Izarra
Burladés
Osasuna
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2009 Osasuna B 99 (0)
2008– Osasuna 83 (2)
2011–2012Celta (cedido) 33 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse no Osasuna Promesas, filial do equipo navarro, coma lateral dereito. Na tempada 2008/09 debutou co primeiro equipo pero nunca chegou a ter moita continuidade a causa das lesións polo que no verán de 2011 é cedido ao Celta de Vigo, que tiña o obxectivo de ascender a Primeira División Española.

No Celta o técnico Paco Herrera converteuno en defensa central cun moi bo resultado, sendo un dos piares do ascenso do equipo á máxima categoría, o que posibilitou que volvese a Pamplona como titular no CA Osasuna na tempada seguinte, doutra volta no lateral dereito.