Ohsumi foi unha serie de satélites artificiais xaponeses lanzados entre 1966 e 1970. Só un chegou a órbita, converténdose no primeiro satélite xaponés en ser orbitado mediante un foguete indíxena.[1][2]

Modelo dun satélite Ohsumi en exposición.

Características editar

Os satélites Ohsumi consistían nun conxunto reducido de instrumentos (acelerómetros, un termómetro e varios transmisores) acaroados á cuarta etapa dun foguete L-4S. Ían equipados con varias antenas e a alimentación eléctrica era proporcionada por unha batería de cinc e óxido de prata cunha capacidade de 5 Ah. Tiñan unha masa de 24 kg.[1][2]

Lanzáronse catro satélites Ohsumi entre 1966 e 1969 que non conseguiron chegar a órbita por diversos fallos do foguete lanzador. A quinta unidade, coñecida xa simplemente como Ohsumi, conseguiu entrar en órbita o 11 de febreiro de 1970, recibíndose o seu sinal dúas horas e media tras chegar ao espazo. O satélite funcionou ata a súa sétima órbita e reentrou na atmosfera terrestre o 2 de agosto de 2003.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Ohsumi nº 1 26 de setembro de 1966 L-4S Fallo
Ohsumi nº 2 20 de decembro de 1966 L-4S Fallo
Ohsumi nº 3 13 de abril de 1967 L-4S Fallo
Ohsumi nº 4 22 de setembro de 1969 L-4S Fallo
Ohsumi nº 5 11 de febreiro de 1970 L-4S Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "Ohsumi" (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ohsumi" (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar