Oh Hiroshima é unha banda sueca de post-rock procedente de Kristinehamn e fundada en 2007 por Leif Eliasson e Jakob Hemström, aos que se lle uniron pouco despois Simon Axelsson e o irmán de Hemström, Oskar Nilsson.[1] O grupo destaca pola súa tenue instrumentación electrónica, texturas de guitarra abstractas, e uso de paisaxes sonoras vocais.[2]

Oh Hiroshima
OrixeKristinehamn, Suecia Suecia
Período2007 - presente
Xénero(s)post-rock, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Napalm Records
MembrosJakob Hemström
Oskar Nilsson
Simon Axelsson
Antigos membrosLeif Eliasson
Na rede
Bandcamp

O grupo comezou sendo un proxecto experimental musical entre Eliasson e Hemström, Nilsson uniuse oficialmente á banda como batería en 2011, durante o proceso de composición do seu álbum de estrea, Resistance Is Futile, tendo gravado antes o baixo co grupo.[1] Axelsson incorporouse ese mesmo ano como baixista.[3]

Os primeiros lanzamentos de Oh Hiroshima foron os EPs demo Empty Places Full of Memories e Tomorrow, editados en 2009 e 2010, respectivamente. O seu primeiro álbum, Resistance Is Futile, foi autoeditado dixitalmente en 2011. O segundo, In Silence We Yearn, foi autoeditado dixitalmente en novembro de 2015, sendo reeditado en CD o 1 de xullo de 2016 a través do selo Fluttery Records.[2][4] Unha versión en vinilo apareceu o 2 de decembro dese ano editada a través de Napalm Records. No ano 2018 o álbum de estrea da banda tamén foi reeditado en formato físico, en CD o 22 de febreiro a través de Fluttery Record, e en vinilo o 7 de decembro a través de Napalm Records.

O guitarrista fundador Leif Eliasson deixou a banda en xullo de 2018. No mes de outubro dese ano o grupo anunciou que asinara un contrato co selo Napalm Records para o seu terceiro álbum, chamado Oscillation e editado o 26 de xullo de 2019.

Discografía

editar

Álbums

editar
Álbum Ano Selo
Resistance Is Futile 2011 autoeditado
In Silence We Yearn 2015 autoeditado
Oscillation 2019 Napalm Records
  1. 1,0 1,1 "Oh Hiroshima biography". Last.fm (en inglés). Consultado o 2019-11-10. 
  2. 2,0 2,1 contrastcontrol (2016-09-26). "Review: Oh Hiroshima – In Silence We Yearn". Contrast CTRL (en inglés). Consultado o 2019-11-10. 
  3. October 24, swc /; Interviews, 2016 / Leave a comment / (2016-10-25). "An Interview with Simon Axelsson of Oh Hiroshima". SOMEWHERECOLD (en inglés). Consultado o 2019-11-10. 
  4. "Oh Hiroshima Re-Release Post-Rock Masterpiece". Indie Band Guru (en inglés). 2016-07-12. Consultado o 2019-11-10. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar