Oficina de Relacions Meridionals

A Oficina de Relacions Meridionals (ORM) foi unha entidade radicada en Barcelona (Cataluña) que se fundou no ano 1928 para desenvolver as relacións entre Cataluña e o resto dos territorios de lingua catalá e Occitania. O seu primeiro director foi Josep Carbonell i Gener, colaborador da Societat d'Estudis Occitans e un dos principais artífices da creación para a lingua occitana dunha norma común ós diferentes dialectos. A ORM publicou en 1935 a Gramatica Occitana segons los parlars lengadocians de Loís Alibèrt, base da norma clásica do occitano, a normativa máis empregada nesa lingua na actualidade. Cando se reinstarou a Generalitat de Cataluña converteuse nunha oficina adscrita a ela e desapareceu en 1939 como o resto do aparato gobernamental catalán.

O ORM foi quen difundiu o uso da expresión Países Cataláns en Cataluña, por volta de 1933, como calco da expresión Países Occitáns que entón empregaban algúns medios occitanófanos e intelectuais de lingua occitana.