Of Moths and Men (De avelaíñas e homes) é un controvertido libro escrito pola xornalista norteamericana Judith Hooper que trata sobre a escola de xenetistas ecolóxicos da Universidade de Oxford liderados por E. B. Ford. O libro trata especificamente os experimentos realizados por Bernard Kettlewell coa avelaíña ou bolboreta nocturna Biston betularia entre 1952 e 1972 que se consideraron unha validación experimental da evolución. No libro destácanse sospeitas sobre a metodoloxía dos experimentos de Kettlewell e suxiren que estes aspectos podían invalidar os resultados obtidos, ignorando ou menospreciando as moitas evidencias que apoian á selección natural, mentres que repetidamente se implicaba que Kettlewell e os seus colegas cometeran fraude ou erros neglixentes.[1] Os expertos nesa materia describiron o libro como unha obra que presentaba unha "teoría da conspiración" con "erros, tersiverxacións, malas interpretacións e falsidades".

Of Moths and Men
Autor/aJudith Hooper
Linguainglés
EditorialNorton
Data de pub.2002
Páxinas377
editar datos en Wikidata ]

Alegacións de mala práctica experimental editar

Hooper alega varios defectos na metodoloxía experimental, incluíndo colar con pegamento as avelaíñas en partes das árbores onde non se colocaban de forma natural, alimentando os paxaros o suficiente para condicionalos a esperar ser alimentados nese momento, aumentando artificialmente as taxas de recaptura, alterando os experimentos (inconscientemente) para favorecer os resultados esperados, e erros en análises estatísticas.

O historiador da bioloxía David Rudge reexaminou coidadosamente os rexistros de Kettlewell sobre os cales estaban baseados os argmentos de Hooper. As súas conclusións foron que a súa investigación histórica era mala e que ela mostrara unha falta de comprensión sobre a natureza da ciencia. Rudge atopou que a acusación de Hooper de fraude estaba inxustificada, e que "Hooper non proporcionaba nin unha pequena proba que sostivese esta seria alegación"[2]

Comentarios do libro editar

O libro foi descrito como ben escrito en canto ao seu estilo en comentarios da prensa convencional non especializada,[3][4] pero foi criticado en publicacións científicas. Coyne (2002) publicou un comentario na revista Nature no que atacou a teoría presentada por Hooper dicindo: "feble teoría da conspiración [de] científicos ambiciosos que ignorarán a verdade pola busca de fama e recoñecemento [polo cal] ela inxustamente lixa a un brillante naturalista". En Science, Grant (2002) resumiu criticamente o contido do libro dicindo: "O que presenta é unha case científica avaliación das evidencias da selección natural na avelaíña do bidueiro (Biston betularia), moitas das cales se poñen en dúbida polas sospeitas incesantes de fraude feitas pola autora". Bryan Clarke, que traballou xunto con Kettlewell en Oxford, describiu o libro de Hooper como unha "antoloxía de insinuacións só dignas dun xornal sen escrúpulos".[1]

O entomólogo e experto na evolución da B. betularia Michael Majerus describiu o libro como "inzado de erros, terxiversacións, malas interpretacións e falsidades"[5] e as investigacións publicadas refutan especificamente algunhas das afirmacións de Hooper. Os experimentos modernos realizados con este insecto apoian a explicación evolutiva dos cambios observados.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Bryan Clarke (2003). "Heredity - The art of innuendo". Heredity 90 (4): 279–280. doi:10.1038/sj.hdy.6800229. Consultado o 2008-07-11. 
  2. Rudge 2005
  3. A review in The Guardian.
  4. Un comentario Arquivado 15 de outubro de 2012 en Wayback Machine. en Los Angeles Times
  5. Michael Majerus (2004). "The Peppered moth: decline of a Darwinian disciple". Arquivado dende o orixinal (.doc) o 27 de xuño de 2008. Consultado o 2008-07-11. 
  6. Majerus, Michael (2008). "Non-morph specific predation of peppered moths (Biston betularia) by bats". Ecological Entomology (Royal Entomological Society) 33 (5): 679–683. doi:10.1111/j.1365-2311.2008.00987.x. .

Véxase tamén editar

Bibliografía editar