Odete Semedo

escritora, profesora e política de Guinea-Bissau


Maria Odete da Costa Soares Semedo, nada en Bissau o 7 de novembro de 1959, é unha escritora, política e profesora universitaria da Guinea-Bissau. Traballa como investigadora na capital guineana no Instituto Nacional de Estudos e Pescuda, nas áreas de Educación e Formación.[1]

Infotaula de personaOdete Semedo
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Bissau Editar o valor em Wikidata
Ministro da Administração Territorial e Poder Local (pt) Traducir
5 de xullo de 2019 – 2 de marzo de 2020 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuinea-Bisau Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nova de Lisboa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica, language education (en) Traducir, lingua portuguesa e tradución Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , profesora universitaria , política , poeta , tradutora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa e Crioulos de base portuguesa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

En 2022 foi Premio Rosalía de Castro do PEN Club.[2]

Traxectoria editar

Naceu na por entón Guinea Portuguesa. Logo de facer os estudos secundarios no Liceu Nacional Kwame N'Krumah, licenciouse en Linguas e Literaturas Modernas pola Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa no curso 1989/90.

En 1990 regresou ao seu país, e asumiu a coordenación nacional do proxecto de Lingua Portuguesa no Ensino Secundario, financiada pola Fundación Calouste Gulbenkian. Neste mesmo período foi nomeada directora da Escola Normal Superior Tchico-Té, onde tamén foi docente.

En 1995 foi nomeada directora xeral do Ensino da Guinéa-Bissau. Logo de ser presidente da comisión nacional para a UNESCO-Bissau, foi Ministra de Educación Nacional entre xuño de 1997 e febreiro de 1999, e Ministra de Saúde de marzo de 2004 a novembro de 2005[3].

Participou na edición da obra Anthologie de Literatures Francophones de l'Afrique de l'Ouest (1994) e, en 1996 fundou a Revista de Letras, Artes e Cultura Tcholona. Traduciu ao crioulo o guión do filme Olhos Azuis de Yonta da cineasta Flora Gomes e participou na rodaxe do filme como asistente de realización.[4]

En 2006 mudouse ao Brasil para realizar o seu doutoramento en Letras. Na Pontificia Universidade Católica de Minas Xerais, en 2010, defendeu a tese de doutoramento As mandjuandadi – cantigas de mulher na Guiné-Bissau: da tradição oral à literatura.

O 8 de xaneiro de 2013 asumiu o cargo de reitora da Universidade Amílcar Cabral, a convite de Rui Duarte de Barros e Manuel Serifo Nhamadjo, logo da reestruturación da institución. Ocupou o cargo até que foi substituída por Zaida Correia o 20 de setembro de 2014.[5]

Obra editar

  • Entre o Ser e o Amar (1996);
  • Histórias e passadas que ouvi contar (2003);
  • No Fundo Do Canto (2007);
  • Guiné-Bissau - História, Culturas, Sociedade e Literatura (2010)
  • Literaturas da Guiné-Bissau - Cantando os escritos da história (2011)

En 2013 foi unha das fundadoras da Associação de Escritores da Guiné-Bissau, amais de primeira secretaria xeral.[6]

Recoñecementos editar

En 2003 recibiu o premio, na categoría de escritora, de personalidade que contribuíu ao desenvolvemento global da Guinea-Bissau.

Notas editar

  1. Carta Maior - Maria Odete da Costa Semedo, uma alma inquieta da Guiné-Bissau[Ligazón morta]
  2. Diario, Nós (2022-10-31). "Os premios Rosalía de Castro do PEN Clube xa teñen gañadoras". Nós Diario. Consultado o 2022-11-01. 
  3. Magali Moser. «Maria Odete Semedo: “Medo da cota é o medo das potencialidades das mulheres”». Catarinas. 1 de agosto de 2017.
  4. Fenske, Elfi Kürten (26 de xullo de 2016). "Odete Costa Semedo - ancestralidade e a poética do desassossego". Templo Cultural Delfos. 
  5. Lopes, Avito Ferreira (8 de xaneiro de 2013). "O governo de transição nomeou Odete Semedo como a reitora da Universidade Amilcar Cabral UAC". Guiné Visão Futuro. 
  6. "Criação da Associação de Escritores da Guiné-Bissau – AEGUI". GBissau.com (en portugués). 16 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2018. Consultado o 15 de xuño de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Campato Jr, João Adalberto (2012): A Poesia da Guiné-Bissau: História e Crítica. São Paulo: Editora Arte & Ciência.