Ochrobactrum é un xénero de bacterias gramnegativas da familia Brucellaceae. O xénero foi descrito por Holmes en 1988 e propúxose a especie Ochrobactrum anthropi como especie tipo.[2] Traballos posteriores recoñeceron dentro do xénero outras 18 especies:

As bacterias deste xénero son bacilos gramnegativos curtos rectos ou lixeiramente curvados cunha forma de labarada no extremo. As células teñen unha lonxitude entre 0,6 e 1,2 microns. Non forman esporas e son aerobias estritas ou fermentativas.

Os xenomas da maioría das especies de Ochrobactrum son complexos e constan de dous cromosomas circulares independentes a miúdo asociados con plásmidos.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 LPSN bacterio.net
  2. Holmes, B. et al., Ochrobactrum anthropi gen. nov., sp. nov. from human clinical specimens and previously known as Group Vd. Int. J. Syst. Bacteriol., 38, 408, 1988.
    • Teyssier C. and Jumas-Bilak E. Ochrobactrum. in molecular detection of bacterial pathogens. Edited by Dongyou Liu. Taylor's and Fancis. 2010
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 3,18 Parte, A.C. "Ochrobactrum". www.bacterio.net. 

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.