Obra derivada

(Redirección desde «Obras derivadas»)

Unha obra derivada é, en termos lexislativos de dereitos de autor, unha obra intelectual creada a partir dunha ou outras xa existentes incluíndo aspectos que poden estar suxeitos a dereitos de autor. A obra derivada debe garantir os dereitos de autor da obra orixinal. Exemplos de obras derivadas poden ser unha tradución, unha adaptación musical, unha adaptación a outro medio de comunicación ou un resumo.

Esta montaxe fotográfica de imaxes diferentes é un exemplo de obra derivada.

Obras derivadas e reproducións editar

Unha obra derivada presupón unha transformación, modificación ou adaptación dunha obra garantindo os dereitos de autor. Unha transformación puramente mecánica dunha obra orixinal (ex. criptográfica, duplicado) non é unha obra derivada senón unha reprodución.

A miúdo os requisitos que definen unha obra derivada non están ben definidos.

Dereitos sobre a obra derivada editar

Segundo o Convenio de Berna, as obras derivadas gozan dos mesmos dereitos que as obras orixinais, sen detrimento da/s obra/s orixinal/is na/s que se basea/n. Unha obra derivada é propiedade do seu autor, a condición de que non limite os dereitos de autor do autor da obra orixinal; por iso é preciso contar coa autorización do autor orixinal, a non ser que o traballo dispoña dunha licenza libre ou se atope en dominio público.

De acordo ao Copyright Act presente no título 17 do Código dos Estados Unidos:[1]

A “derivative work” is a work based upon one or more preexisting works, such as a translation, musical arrangement, dramatization, fictionalization, motion picture version, sound recording, art reproduction, abridgment, condensation, or any other form in which a work may be recast, transformed, or adapted. A work consisting of editorial revisions, annotations, elaborations, or other modifications which, as a whole, represent an original work of authorship, is a “derivative work”.
Unha "obra derivada" é un traballo baseado nun ou máis traballos preexistentes, tales como traducións, arranxos musicais, dramatizacións, versións fílmicas, gravacións de son, reproducións de arte, resumos, condensacións, ou calquera outra forma na que un traballo é reformulado, transformado ou adaptado. Unha obra consistente en revisioóns editoriais, anotacións, elaboracións ou outras modificacións que, no seu conxunto, representan unha obra orixinal dun autor, é unha "obra derivada".

O dereito francés prefire o termo œuvre composite (en español: obra composta) aínda que tamén se utiliza ás veces œuvre dériviée. Defínese no artigo L 113-2, parágrafo 2 do Code da propriété intellectuelle como:[2]

Est dite composite l'oeuvre nouvelle à laquelle est incorporée une oeuvre préexistante sans la collaboration de l'auteur de cette dernière.
Chámase obra composta a aquel traballo novo que incorpora unha obra preexistente sen a colaboración do autor desta última.

No dereito chileno doutra banda, a letra i do artigo 5 da Lei 17336 sobre Propiedade intelectual defínea como:[3]

(...) aquella que resulte de la adaptación, traducción u otra transformación de una obra originaria, siempre que constituya una creación autónoma.
(...) aquela que resulte da adaptación, tradución ou outra transformación dunha obra orixinaria, sempre que constitúa unha creación autónoma.

A lei de propiedade intelectual española define o que é unha obra derivada:

Artículo 11. Obras derivadas

Sin perjuicio de los derechos de autor sobre la obra original, también son objeto de propiedad intelectual:
1. Las traducciones y adaptaciones.
2. Las revisiones, actualizaciones y anotaciones.
3. Los compendios, resúmenes y extractos.
4. Los arreglos musicales.

5. Cualesquiera transformaciones de una obra literaria, artística o científica.[4]
Artigo 11. Obras derivadas

Sen prexuízo dos dereitos de autor sobre a obra orixinal, tamén son obxecto de propiedade intelectual:
1. As traducións e adaptacións.
2. As revisións, actualizacións e anotacións.
3. Os compendios, resumos e extractos.
4. Os arranxos musicais.

5. Calquera transformación dunha obra literaria, artística ou científica.

Notas editar

  1. law.cornell.edu (ed.). "17 U.S. Code § 101 - Definitions" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2014. 
  2. legifrance.gouv.fr (ed.). "Article L113-2". Code de la propriété intellectuelle (en francés). Consultado o 20 de xaneiro de 2014. 
  3. Ministerio de Educación Pública (ed.). "Ley N° 17336. Propiedad Intelectual". Consultado o 1 de decembro de 2014. 
  4. Lei de Propiedade Intelectual