Obatzda é un tipo de queixo elaborado en Baviera. Prepárase cunha mestura de queixos Camembert con po de pemento doce e cebolas nunha especie de masa para untar que se emprega sobre pan ou pretzels. O Obatzda é un exemplo clásico que aparece como petisco nos biergarten bávaros. O nome provén da palabra en bávaro que en alemán denomínase Angebatzter que significaría "triturado" en galego.

Obatzda

Variantes editar

Existe un queixo moi similar nas receitas da cociñas propias de Austria/Eslovaquia denominado Liptauer.