O val dos cabalos

O val dos cabalos[1] (na versión orixinal The Valley of Horses) é unha novela histórica escrita pola autora estadounidense Jean M. Auel en 1982.

O val dos cabalos
Título orixinalThe Valley of Horses
Autor/aJean M. Auel
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
ColecciónOs fillos da terra
Xénero(s)Novela
Editorial Crown
Galicia Punto G Edicións
Data de pub. 13 de abril de 1982
FormatoTapas duras (USA)
Páxinas502 (USA)
ISBNISBN 0-517-54489-X
Precedido porO clan do oso das cavernas
Seguido porOs cazadores de mamuts
TraduciónXurxo Bértola
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

Logo de ser expulsada do Clan do Oso das Cavernas, Ayla decide ir na busca dos que son coma ela, as xentes do Cro-Magnon, e comeza unha viaxe chea de perigos ata que atopa unha cova onde vivir durante unha tempada. Debido á súa mente brillante descubrirá cousas inimaxinables, como domesticar animais e facer lume coas pedras. Tamén coñecerá a un dos que ela chama "Outros", un home que se asemella a ela chamado Jondalar.

Notas editar

  1. "O val dos cabalos en galego". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2013.