Abrir o menú principal

Jean Marie Auel, nada como Jean Marie Untinen o 18 de febreiro de 1936 en Chicago, Illinois, é unha escritora estadounidense. É coñecida pola súa saga de libros Os fillos da terra (Earth's Children), unha serie de novelas ambientadas na Europa prehistórica que explora as interaccións dos homes de Cro-Magnon cos Neanderthais. No ano 2010, as súa novelas tiñan vendido máis de 45 millóns de copias por todo o mundo.[1]

Jean Marie Auel
Nome completoJean Marie Untinen
AlcumeJean M. Auel e Jean M. Untinen-Auel
Nacemento18 de febreiro de 1936
 Chicago, Illinois, Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversity of Portland e Portland State University
Ocupaciónescritora e novelista
XénerosNovela
Coñecido/a porOs fillos da terra, O clan do oso das cavernas, O val dos cabalos, The Mammoth Hunters, The Plains of Passage, The Shelters of Stone e The Land of Painted Caves
PremiosPremio ao mellor libro en neerlandés
editar datos en Wikidata ]

ObrasEditar

En 1990, os primeiros tres libros de Auel da saga Os fillos da terra venderon máis de 20 millóns de copias e foron traducidos a 18 linguas; Crown Publishers declarou ter pagado a Auel preto de 25 millóns de dólares polos dereitos para publicar The Plains of Passage e os dous volumes seguintes.[2] En maio de 2002, durante a publicación do seu quinto libro, a serie vendera 34 millóns de libros.[3] O sexto e derradeiro libro da serie, The Land of Painted Caves, foi publicado no 2011.[4]

  1. O clan do oso das cavernas, (The Clan of the Cave Bear) 1980
  2. O val dos cabalos, 1982 (The Valley of Horses)
  3. Os cazadores de mamuts, 1985 (The Mammoth Hunters)
  4. As chairas do tránsito, 1990 (The Plains of Passage)
  5. Abeiros de pedra, 2002 (The Shelters of Stone)
  6. A terra das covas pintadas, 2011 (The Land of Painted Caves)

NotasEditar

  1. Publisher's Weekly
  2. "Books: Queen of The Ice Age Romance". Time. October 22, 1990. Consultado o 2010-05-04. 
  3. "Books: Romancing The Stone Age". Time. May 13, 2002. Consultado o 2010-05-04. 
  4. "New Jean Auel". May 27, 2010. Consultado o 2010-05-27.