A folla do toxo pica,/ tamén pica a do codeso;/ quen me a min quer, non o quero,/ i a quen eu quero non vexo[3].
A raíz do toxo verde/ é moi mala de arrigar;/ os amoriños pirmeiros/ son moi malos de olvidar[4].
A raíz do toxo verde/ é moi mala de arrincar,/ os amoriños primeiros/ son moi malos de olvidar[5].
A Santa Virxe do Viso/ tan alta se foi a pór,/ entre toxos e carqueixas,/ carballiños darredor[6].
Anque che son de entre toxos,/ criada nas carrasqueiras,/ tamén sei beber o viño/ como as mozas das ribeiras[7].
Arriba raposo,/ que estás tras do toxo,/ non comas o año/ a Pedro Castaño/ que vai na ribeira/ catar a manteiga/ pra a vella parida/ que está na silveira/ con feixe de estelas/ queimando as canelas.</ref>.
Fun ó monte por sardiñas,/ fun ó mar cargar de toxo,/ polo monte fun nadando,/ polo mar nun burro coxo[8].
Haber, heiche mandar unha,/ por detrás dun pau de toxo/ ¡e non me has de negar/ que es filla dun piolloso!.</ref>.
Haber, heiche mandar unha/ por detrás dun pau dun toxo/ e tu non has de negar/ que es filla dun piolloso[9].
María berrou con Chuco/ na carballeira de abaixo,/ porque lle picaba un toxo/ que levaba no refaixo.</ref>.
Meu pai e miña nai choran/ porque non sei traballar,/ agora xa vou sabendo/ coller toxos pra picar[10].
Miña Virxe da Peneda/ que tan alta se foi pór,/ entre toxos e penedos,/ carballiños darredor[11].
Miña Virxe do Xurés,/ que tan alta se foi pór,/ entre toxos e carqueixas/ e carballos darredor[12].
Na aldeíña da Torre/ non entra un carro con toxo/ por causa dunha meniña/ que ten o peliño roxo[13].
O amor que che eu teño/ e mais o que che hei de ter/ caiben na folla dun toxo/ e mais non a han de encher[14].
O cariño que che teño/ e mais o que che hei de tomar/ caiben na folla dun toxo/ e de elí inda ha sobrar[15].
Para cuñas, pau de toxo/ para fungueiros, carballo/ para conserva-las verzas unha mañá de orballo.
Paxariño millarengo,/ ponte na punta dun toxo;/ moito gusto a mi me dan/ as nenas de pelo roxo[16].
Paxariño millarengo,/ ponte na punta dun toxo;/ toma, lévalle esta carta/ ás nenas de pelo roxo[17].
Todo polo río arriba,/ polo río arriba hai toxos;/ no lugar de Baldemir/ no’hai onde pousa-los ollos[18].
Vaite á merda, vaite á merda,/ por riba dun pau de toxo/ que anda decindo a xente/ que eres fillo dun piolloso[19].
↑Xaquín Lorenzo Fernández, 46. Ademais da Virxe do Viso, en Redondela, hai moitos outros lugares con este nome. As cantigas que recolle Xaquín Lorenzo na Limia Baixa refírense á ermida de Nosa Señora do Viso, na parroquia de San Vicente de Lobeira.