O teito da balea

filme de 1982 dirixido por Raúl Ruiz

O teito da balea (en neerlandés: Het dak van de walvis) é un filme neerlandés de 1982 dirixido polo chileno Raúl Ruiz. É un filme surrealista e realismo máxico realizado por Ruiz nos Países Baixos cando estaba no exilio e "...é unha das súas ficcións máis enganosas e delirantes".[1]

O teito da balea
Ficha técnica
DirectorRaúl Ruiz
ProdutorKees Kasander
Monica Tegelaar
GuiónRaúl Ruiz
IntérpretesWilleke van Ammelrooy
MúsicaJorge Arriagada
FotografíaHenri Alekan
MontaxeValeria Sarmiento
DistribuidoraFestival Internacional de Cinema de Rotterdam
EstreaPaíses Baixos 4 de febreiro de 1982
Galicia 8 de abril de 2021 (NUMAX)
Duración90 minutos
OrixePaíses Baixos Países Baixos
XéneroSurrealismo e fantasía
Na rede
IMDB: tt0083783 Filmaffinity: 763831 Allocine: 30993 Rottentomatoes: m/on_top_of_the_whale Allmovie: v36253 TCM: 509145 Editar o valor em Wikidata

O filme usa seis linguas diferentes, incluíndo unha lingua inventada. A historia céntrase nun antropólogo neerlandés, a súa muller e o seu fillo, que son convidados á casa dun millonario comunista na Patagonia (unha área localizada en Chile e na Arxentina) para estudar os dous últimos superviventes dos indíxenas yachanes.[2][3][4][1]

Estreouse subtitulado en galego o 8 de abril de 2021 a través de NUMAX na 16ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (Santiago de Compostela).[5]

Personaxes editar

  • Willeke van Ammelrooy como Eva
  • Jean Badin como Luis
  • Fernando Bordeu como Narciso
  • Herbert Curiel como Adam
  • Amber De Grau como Eden
  • Luis Mora
  • Ernie Navarro

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Grunes, Dennis (2 de xuño de 2008). "(ON) TOP OF THE WHALE (Râúl Ruiz, 1982)". WordPress. 
  2. "Allmovie: Het Dak Van De Walvis". allmovie.com. Consultado o 18 de setembro de 2010. 
  3. "Le Cinéma de Raoul Ruiz: Het dak van de Walvis". lecinemaderaoulruiz.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2010. Consultado o 27 de outubro de 2009. 
  4. Darnton, Nina (2008). "NY Times: Het dak van de Walvis". Movies & TV Dept. The New York Times (Baseline & All Movie Guide). Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 27 de outubro de 2009. 
  5. Versión en galego (ed.). "O teito da balea na TVG". Consultado o 13 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar