O gardián invisible
O gardián invisible é unha novela policial en lingua castelá escrita pola autora vasca Dolores Redondo, publicada por vez primeira en 2013 co título orixinal El guardián invisible. Foi traducida ao galego por Héctor Cajaraville, e publicada por Edicións Xerais en 2013. É o primeiro volume da triloxía do Batzán. No ano 2017, estreouse o filme El guardián invisible baseado na novela e protagonizado por Marta Etura.
O gardián invisible | |
---|---|
Título orixinal | El guardián invisible |
Autor/a | Dolores Redondo |
Orixe | España |
Lingua | castelán |
Xénero(s) | Novela policial |
Editorial | Destino Edicións Xerais |
Data de pub. | 2013 2013 |
Páxinas | 456 |
ISBN | 9788423346042 9788499144795 |
Seguido por | Legado nos ósos |
Tradución | Héctor Cajaraville |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarAmaia Salazar é inspectora da Policía Foral Navarra, formada nos Estados Unidos de América canda a axentes do FBI especializada en asasinos en serie. Asígnanlle a investigación da morte dunha rapaza cuxo cadáver apareceu a carón da súa vila natal, Elizondo. A moza apareceu á beira do río Bidasoa -que nesa altura recibe o nome de río Batzán- coas roupas esgazadas e os zapatos colocados no camiño, o pelo da pube depilado e un doce no seu lugar. Ao cabo, aparecen outras dúas rapazas nas mesmas circunstancias. Na vila convive coa súa familia, e lembra circunstancias traumáticas do seu pasado. Ao tempo, coñece personaxes da mitoloxía vasca.
Narración
editarA obra está narrada en terceira persoa con narrador omnisciente. Hai numerosas analepses á infancia da protagonista.
Adaptacións
editarA obra foi traducida ao francés, alemán, inglés, turco, italiano, catalán, portugués do Brasil, noruegués, holandés, éuscaro, grego e galego. Está en proceso de produción a adaptación cinematográfica, dirixida por Peter Nadermann.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na web de Xerais.