O centeo na cultura popular galega

Locucións editar

  • Bourar nalguén coma en centeo verde: dise cando lle dan unha malleira a alguén [1].

Refraneiro editar

 
Espiga de centeo infectada de cornizó.
  • A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón [2].
  • Centeo alto ou baixo, en maio espigado, que tardeiro ou temperau, en maio ha telo grau [3].
  • Centeo alto ou baixo en marzo espigado, que tarde ou temprán ha de quedar en maio o gran.
  • Chuvia en febreiro, bo prado e bo centeo [2].
  • En febreiro, saca o boi do teu centeo [4].
  • Leiracho lereu, por san Xurxo no centeu [5].
  • O centeo, basto na hucha e non no terreo [3][6].
  • O pan centeo é bo cando é alleo [7].
  • O pan trigo e centeo máis val na barriga que no seo.
  • O pantrigo e o centeo, val máis na barriga que no seo [8].
  • O trigo centeoso fai un pan moi proveitoso.
  • Pan albeiro ou pan centeo, millor quero do meu que do alleo [7].
  • Pan centeo, antes comido que no seo [7].
  • Pan centeo, millor no meu papo que no alleo [7].
  • Pan de trigo ou de centeo, quéroo máis no meu ventre que no alleo [7].
  • Quen ó sementar é mesquiño, prá seitura escusa fouciño [9].
  • Trigo centeoso, pan proveitoso [10].
  • Viño acedo, touciño vello e pan centeo, sosteñen a casa en peso [11].

O día de San Bernabeu, o 11 de xuño, adoita considerarse idóneo para a sega do centeo[12]:

  • Día de San Bernabeu, está o sol no máis alto do ceu.[12]
  • Día de San Bernabel, nin na terra nin no fardel.[12]
  • O día de San Bernabé creba o centeo polo pé.[12]

Cantigueiro editar

  • Ai, roxiña, roxiña do pelo,/ vén comigo a mallar o centeo,/ o centeo, o centeo, a cebada,/ ai, roxiña, miña namorada [13].
  • Ai, roxiña, roxiña do pelo,/ vén comigo malla-lo centeo,/ o centeo, o centeo, a cebada,/ vén, roxiña, miña namorada [14].
  • Cálate e vaite calando,/ cara de criba centeo;/ desque tiveche as vexigas/ pareces un cordocelo [15].
  • Delgadiña de cintura/ como a palla do centeo,/ chégate a min, delgadiña,/ que non teño outro remedio [16].
  • Esta noite hei de ir alá,/ meniña, non teñas medo,/ déixame a porta atrancada/ cunha palla de centeo [17].
  • Eu casar, ben me casaba,/ pero témolle ó que temo/ que é andar cun saco ás costas: / por eiquí venden centeo [18].
  • Eu casar, ben me casaba,/ recear, ben o recelo;/ eso de andar perguntando/ onde se vende o centeo [19].
  • Eu casar ben me casaba,/ recear ben o receo,/ sinto de andar perguntando/ a como vale o centeo.
  • Mariquiña da forneira,/ se coceres faime un bolo;/ se mo fas, faimo de trigo,/ que centeo non cho como [20].
  • Quédate con Dios, Ourense,/ coas túas camas de seda,/ que eu voume pra miña terra/ dormir en palla centea [21].

Notas editar

  1. Eladio Rodríguez González, s. v. bourar.
  2. 2,0 2,1 Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.
  3. 3,0 3,1 Eladio Rodríguez González, s. v. centeo.
  4. Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.
  5. A fonte, Esmorís Recamán, describe o leiracho como a un paxaro parecido á rula, de penuxe amarela verduxa e carne moi estimada. Ben pode tratarse do ouriolo.
  6. Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: n'a hucha, n'o terreo.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
  8. Eladio Rodríguez González, s. v. pantrigo.
  9. Eladio Rodríguez González, s. v. seitura. Nas terras do pan chaman mes da seitura ó mes de xullo (tamén se chama así ó mes de agosto).
  10. Eladio Rodríguez González, s. v. trigo.
  11. Eladio Rodríguez González, s. v. viño.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo. 
  13. Fermín Bouza Brey 1929, 176
  14. Xaquín Lorenzo Fernández, 34. No orixinal: ven, mallalo.
  15. Xaquín Lorenzo Fernández, 54. A criba para o centeo ten os buratos máis grandes, de aí a comparación con que está picado das vexigas; cordocelo non é máis que unha esixencia da rima.
  16. Xaquín Lorenzo Fernández, 68.
  17. Xaquín Lorenzo Fernández, 77.
  18. Xaquín Lorenzo Fernández, 229.
  19. Xaquín Lorenzo Fernández, 79. No orixinal: beno recelo.
  20. Xaquín Lorenzo Fernández, 93.
  21. Xaquín Lorenzo Fernández, 137.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar