O carniceiro

filme de 1970 dirixido por Claude Chabrol

O carniceiro (en francés: Le Boucher) é un filme franco-italiano, dirixido por Claude Chabrol en 1969 e estreado en 1970. A película foi rodada en Trémolat (Dordoña) e nas covas de Cougnac (Lot) entre setembro e outubro de 1969. Supuxo a terceira colaboración entre Claude Chabrol e Jean Yanne despois de La Ligne de démarcation (1966) e Accidente sen pegada (1969). Volveron traballar xuntos en Madame Bovary (1991).

O carniceiro
Ficha técnica
Título orixinalLe Boucher
DirectorClaude Chabrol
ProdutorAndré Génovès
GuiónClaude Chabrol
IntérpretesStéphane Audran
Jean Yanne
Roger Rudel
MúsicaPierre Jansen; canción de Dominique Zardi
FotografíaJean Rabier
MontaxeJacques Gaillard
DistribuidoraParaFrance
EstreaFrancia 27 de febreiro de 1970
12 de setembro de 1970
Duración93 minutos
Orixe Francia
Italia Italia
XéneroDrama e suspense
Na rede
IMDB: tt0064106 Filmaffinity: 883606 Allocine: 4599 Rottentomatoes: m/le-boucher Allmovie: v6788 TCM: 81090 Netlix: 60026770Editar o valor em Wikidata

Claude Chabrol fai unha referencia a Honoré de Balzac facendo ler á profesora un anaco do capítulo V da novela La Femme de trente ans como ditado escolar.

Sinopse editar

Na pequena vila de Trémolat, no Périgord (Dordoña), celébrase a voda do profesor Léon Hamel cunha rapaza do lugar. Entre os convidados á cerimonia están unha compañeira da profesora, Hélène David, que é tamén a directora da escola, e Paul Thomas, alcumado Popaul, o carniceiro da vila.

Hélène e Paul coñécense na voda e simpatizan. Atraído pola rapaza, o carniceiro cóntalle que para fuxir da violencia do seu pai se enrolou no exército e participou na guerra da Indochina e mais na guerra de Alxeria. Hélène, pola súa banda, procede de París e viviu unha historia de amor quue rematou mal. A mestra, que considera a Popaul como un amigo co que curar a súa soidade, faino partícipe nas actividades cos rapaces da escola e convídao a cear na súa casa.

A tranquilidade da vila disípase ao descubrirse o cadáver dunha moza do lugar, que morreu a coiteladas. Durante unha excursión cos alumnos, Helen descobre o corpo doutra rapaza, que resulta ser a muller de León, asasinada do mesmo xeito. Na escena do crime encontra un chisqueiro similar ao que lle regalara a Popaul polo seu aniversario, e recólleo. O comisario Grumbach, que leva o caso, interroga a Hélène. Unha noite, cando Popaul a visita, ela ofrécelle un cigarro para que el o acenda, e tranquilízase ao ver que aínda ten o chisqueiro que lle regalara.

Popaul axuda a Hélène a pintar o teito da súa vivenda, e mentres busca un pano descobre que nun caixón ten o chisqueiro que ela lle regalara, e que recollera xunto á segunda rapaza morta. Cólleo, e cando ela regresa a casa dille a el que tivo lugar un terceiro asasinato similar aos dous primeiros.

Hélène descobre que Popaul colleu o chisqueiro do caixón e pensa que é el o asasino das rapazas. Pola noite el chámaa para falar con ela, pero esta négase a deixalo entrar na escola. Asustada, pecha as portas e as ventás, pero mentres, el aproveita para colarse dentro. Armado coa navalla de resortes, explícalle os motivos dos asasinatos. De socato, apuñálase no abdome. Hélène lévao ao hospital, e na viaxe el confésalle os seus sentimentos. Na sala de espera pídelle un bico e ela dállo, e no ascensor de camiño ao quirófano morre.

Logo de abandonar o hospital, Hélène detense en plena noite a carón do río, abatida polo que pasou, e permanece alí até a alba.

Elenco de actores editar

Premios editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar