O camiño segue e segue
ciclo de cancións, libro e gravación musical
O camiño segue e segue[1] (en inglés: The Road Goes Ever On) é un ciclo de cancións de 1967 que foi publicado como libro de partituras e como gravación de son. A música foi escrita por Donald Swann, e as palabras están tomadas dos poemas da obra de J. R. R. Tolkien, especialmente O Señor dos Aneis.
O camiño segue e segue | |
---|---|
Tipo | obra lírico-musical ![]() |
Forma artística | Ciclo de cancións ![]() |
Xénero artístico | poesía ![]() |
Linguas
| |
Autoría | |
Autor/a | J. R. R. Tolkien ![]() |
Compositor/a | Donald Swann ![]() |
Temática | |
Ambientado en | Terra Media ![]() |
Universo ficticio | legendarium de Tolkien ![]() |
Publicación | |
Data publicación | |
País orixe | Reino Unido ![]() |
Cronoloxía | |
[ Wikidata ] |
O título desta obra está tomado de "O camiño segue e segue", a primeira canción da colección. As cancións forman un ciclo de cancións, deseñado para encaixar cando se toca en secuencia.
Swann interpretou o ciclo para Tolkien, quen aprobou a música agás para a canción en quenya titulada "Namárië"; suxeriu que debería ser ao estilo dun canto gregoriano, o cal cantaruxou; Swann usou esa melodía para a canción.
Notas
editar- ↑ O señor dos aneis I. A irmandade do anel. Traducido por Moisés Barcia Rodríguez (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais. 2001. ISBN 84-8302-683-X – vía Biblioteca da Tradución Galega.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |