O cabaleiro escuro: a lenda renace
O cabaleiro escuro: a lenda renace (en inglés: The Dark Knight Rises) é un filme estadounidense dirixido por Christopher Nolan que se estreou no 2012. Estreouse en galego na TVG o 23 de setembro de 2015.[2]
O cabaleiro escuro: a lenda renace | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Dark Knight Rises |
Director | Christopher Nolan |
Produtor | Emma Thomas Christopher Nolan Charles Roven |
Guión | Jonathan Nolan Christopher Nolan |
Baseado en | Batman de Bob Kane |
Intérpretes | Christian Bale Michael Caine Gary Oldman Anne Hathaway Tom Hardy Marion Cotillard Joseph Gordon-Levitt Morgan Freeman |
Música | Hans Zimmer |
Fotografía | Wally Pfister |
Montaxe | Lee Smith |
Estudio | Legendary Pictures Syncopy Films DC Comics |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | Nova York: 16 de xullo de 2012 23 de setembro de 2015 (TVG) |
Duración | 165 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | $250–300 000 000[1] |
Recadación | $1 100 000 000 |
Filme anterior | O cabaleiro escuro |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/dark-knight-rises | |
Sinopse
editarPasaron oito anos dende que Batman desapareceu, deixando de ser un heroe para converterse nun fuxitivo. Ó asumir a culpa da morte do fiscal do distrito Harvey Dent, o Cabaleiro Escuro decidiu sacrificalo todo polo que consideraba, ó igual que o Comisario Gordon, un ben maior. A mentira funciona durante un tempo, xa que a actividade criminal da cidade de Gotham vese aplacada grazas á estrita Lei Dent. Pero todo muda coa chegada dunha astuta gata ladroa que pretende levar a cabo un misterioso plan. Porén, moito máis perigosa é a aparición en escena de Bane, un terrorista enmascarado cuxos desapiadados plans obrigan a Bruce a regresar do seu exilio.
Personaxes
editar- Christian Bale como Bruce Wayne / Batman
- Michael Caine como Alfred Pennyworth
- Gary Oldman como Comisario James Gordon
- Anne Hathaway como Catwoman / Selina Kyle
- Tom Hardy como Bane
- Marion Cotillard como Talia al Ghul / Miranda Tate
- Joseph Gordon-Levitt como John Blake
- Morgan Freeman como Lucius Fox
- Cillian Murphy como Scarecrow / Dr. Jonathan Crane
Galardóns e nomeamentos
editar- 2012: Satellite Awards: Nomeado a Mellor dirección artística e efectos visuais.
- 2012: Premios BAFTA: Nomeado a mellores efectos especiais visuais.
- 2012: Asociación de Críticos dos Ánxeles: 2ª posición mellor actriz secundaria (Anne Hathaway).
- 2012: American Film Institute: Top 10 - Mellores películas do ano.
- 2012: Critics Choice Awards: 4 nomeamentos, incluíndo mellor filme de acción.
Notas
editar- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Programación de TVG para mañana sábado". eldia.es. 21 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2016. Consultado o 22 de setembro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)