O Universo nas túas mans

O Universo nas túas mans (Hands on Universe, HOU polo seu nome en inglés) é un proxecto a escala global (G-HOU) co obxectivo contribuír á renovación do ensino da ciencia. Céntrase na investigación da astronomía e o espazo e introduce aos estudantes en problemas abertos relacionados, permitíndolles desenvolver a súa curiosidade e creatividade.[1]

Foi constituído por un consorcio de máis de 20 institucións de todo o mundo que desenvolven instrumentación, exercicios e aplicacións informáticas para dar canle, dirixir e motivar o proceso de descubrimento no ensino medio. A súa orixe foi a Universidade de Berkeley (Estados Unidos).

Desde 2009, aproveitando o Ano Internacional da Astronomía,[2] a Unión Astronómica Internacional (UAI) ten promovido un programa para levar á comunidade educativa a paixón polo descubrimento científico: o Programa de Formación de Profesores Galileo (GTTP, Galileo Teacher Training Program). HOU é colaborador deste programa.

No 2019, HOU está a traballar en proxectos asociados: descobre o COSMOS, as infraestruturas electrónicas para unha aula electrónica atractiva e a radio Comenius.

  1. "HOU - España". www.houspain.com. Consultado o 2019-04-19. [Ligazón morta]
  2. "Año Internacional de la Astronomía - csic.es". sede.csic.gob.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-04-19. 

Ligazóns externas

editar

Web de HOU en España