O Piñeiro, Buxán, Rois

lugar da parroquia de Buxán, no concello de Rois

O Piñeiro é un lugar da parroquia de Buxán no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Actualmente esta aldea conta cunha poboación de 45 habitantes. A aldea conta con 26 casas, pero só a metade están habitadas.

O Piñeiro
ParroquiaBuxán
ConcelloRois
Coordenadas42°45′30″N 8°43′22″O / 42.758347607744, -8.7227731553327
Poboación57 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

Construcións civís

editar

O Piñeiro conta cunha gran ponte de pedra no sur da aldea que cruza o seu río. Ten unha altura de aproximadamente 3 metros e un largo duns 8 metros.

Outra das grandes construción que podemos atopar nesta aldea é o cruceiro, tamén na parte sur da aldea.

Ademais tamén conta cun fantástico río no que podemos atopar dúas fervezas, os antigos muíños de auga, diversas pontes, pozos (dun en concreto falaremos mais adiante), a unión de dous ríos (río de Silvarredonda e río de Buxán) etc...

No Piñeiro atópase tamén a igrexa parroquial de San Xoán de Buxán, o campo da festa, a escola infantil e a casa e gran hórreo do cura.

Lendas

editar

A lenda máis popular do lugar é a "lenda do pozo negro". Esta lenda sitúase no río do Piñeiro, nun dos seus pozos. O pozo negro é chamado así porque en teoría o seu fondo non se vía xa que por algunha razón todas as pedras desa zona son negras. Conta a lenda que nese pozo habitaba unha bruxa e a poboación estaba sorprendida polo feito de non ver o fondo deste pozo e a posibilidade de que estivese embruxado, polo que se xuntou todo o pobo para comprobar se tiña fondo ou non e se o habitaba unha bruxa ou non. A poboación decidiu botar un carneiro á auga para ver se tocaba fondo, polo que ataron o carneiro con 7 adivais e botaron as cordas ás árbores para ir baixando o carneiro pouco a pouco. Cando a xente subiu o carneiro á superficie só subiron os cornos do animal. A xente quedou moi abraiada por este feito e por esta lenda o pozo foi chamado así.

Non se sabe exactamente cal é o pozo negro, pero o lugar no que coincide a xente é este.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Buxán

editar
Lugares da parroquia de Buxán no concello de Rois (A Coruña)

Buxán | A Chisca | Espiñeira | O Faro | Fontedelo | Fufelo | Peracova | Picadizo | O Piñeiro | Silvarredonda | Xei

Parroquias de Rois

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rois

Augasantas (San Vicente) | Buxán (San Xoán) | Costa (San Miguel) | Ermedelo (San Martiño) | Herbogo (San Pedro) | Leroño (Santa María) | Oín (Santa María) | Ribasar (Santa Mariña) | Rois (San Mamede) | Seira (San Lourenzo) | Sorribas (San Tomé) | Urdilde (Santa María)