O Monte, Xove
parroquia civil do concello de Xove
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Monte.
Santo Isidoro do Monte é unha parroquia do concello lugués de Xove na comarca da Mariña Occidental. Tiña 129 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística,[2] 66 homes e 63 mulleres. O que supón unha diminución de 17 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 146 habitantes (86 homes e 60 mulleres) e 39 menos que en 2000.
O Monte | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial do Monte. | |
Concello | Xove[1] |
Provincia | Lugo |
Poboación | 129 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lugares e parroquiasEditar
Lugares do MonteEditar
Lugares da parroquia do Monte no concello de Xove (Lugo) | |
---|---|
As Cancelas | Gondar | As Hedradas | O Loureiro | As Penas Agudas | O San Salvador | O Soutevello | Vilariño |