O Lavatorio (Tintoretto)

pintura de Tintoretto

O Lavatorio é un cadro do pintor italiano Tintoretto, considerado unha das súas obras máis importantes. Foi pintado entre 1548-1549, atopándose no presente exposto no Museo do Prado de Madrid, España, como depósito de Patrimonio Nacional.

O Lavatorio
ArtistaTintoretto
Data1548-1549
Técnicaóleo sobre lenzo
Dimensións210 cm × 533 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

Represéntase aquí unha escena narrada polo Evanxeo de Xoán, na que se describe como durante a Última Cea, Xesús se levantou da mesa, quitou o manto e atou unha toalla á cintura. Despois de botar auga nun recipiente, púxose a lavar os pés ós seus discípulos. Simón Pedro pretendeu negarse, pero ó insistir Xesús en que doutro xeito non podería ter parte con el, accedeu a que lle lavase os pés, e mesmo as mans e a cabeza.

O artista representa o episodio devandito con Cristo e san Pedro nun extremo da composición. A maior parte do lenzo está ocupado pola estancia onde se desenvolve a Última Cea, coa mesa e os discípulos ó redor dela. No centro destaca un can, e detrás os apóstolos descalzándose ou en diversas posturas e escorzos. Nun segundo plano estase relatando un milagre de San Marcos narrado por Xacobe da Varazze na súa Lenda dourada. O extremo da esquerda está dominado por outro apóstolo que se está desatando o calzado, cuxa esculturalidade aseméllase ás poderosas anatomías de Michelangelo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • L. Cirlot (dir.), Museo del Prado II, Col. «Museos del Mundo», Tomo 7, Espasa, 2007. ISBN 978-84-674-3810-9, páxs. 164-167.