O Cartafol Dixital

O Cartafol Dixital é un boletín electrónico mensual de informacións referentes ao uso e normalización da lingua galega, editado polo Servizo de Normalización Lingüística, da Universidade de Santiago de Compostela. O primeiro número deste boletín saíu en febreiro de 2001.

Traxectoria editar

O Cartafol da lingua, editado en papel, comezou a publicarse en 1992. Primeiramente, saíu como unha publicación propia e editáronse 15 números até 1996, e despois comezou a formar parte dunha revista universitaria. Foi no ano 2001 cando este boletín se introduce nas novas tecnoloxías, e naceu O Cartafol Dixital, que convive coa publicación en papel, de novo como publicación independente.

O Cartafol Dixital presenta un esquema xeral de Axenda, Principal (portada e novas), Novas, Un idioma preciso, Pasa a folla, Ruxerruxe (con información publicadas noutros medios), Pasa a folla (con recensións e análises de publicacións e outras ferramentas), e Arriba e Abaixo (con comentarios sobre novas que gustan e novas que desgustan).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar