Universidade de Ciencias Aplicadas de Oulu

(Redirección desde «OUAS»)

A Universidade de Ciencias Aplicadas de Oulu (Oulun ammattikorkeakoulu, coñecido como OUAS polas siglas en inglés) é unha organización educativa pública de Finlandia, con sede en Oulu.[1]

Universidade de Ciencias Aplicadas de Oulu
Datos xerais
Datos actuais
Datos de contacto
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

Distribúe os seus catro campus no norte de Finlandia. Tres na cidade de Oulu, capital do municipio do mesmo nome, e un cuarto na cidade de Oulainen, a 100 km de distancia. A OUAS ocupa 650 docentes que imparten formación a 9.000 alumnos.[2]

Actividade editar

A oferta formativa abrangue 35 programas de grao e mestrado nas disciplinas de ciencias sociais, cultura e recursos naturais renovables, enxeñería, información comercial e saúde.

Con énfase en I+D+I, fai especial fincapé nos estudos de Enerxía, recursos naturais e Medio Ambiente, así como de Saúde e benestar no futuro. Todas as disciplinas oriéntanse á mellora do modelo construtivo condicionado ao chan e clima autóctono, con propostas enerxéticas intelixentes, economía de recursos naturais, sostibilidade e baixa produción de carbono.

Actualidade editar

Alén o persoal docente fixo, á OUAS adhírense directores, coordinadores, planificadores e xestores financeiros para o desenvolvemento de proxectos, tanto a nivel local como rexional, nacional e transfronterizos.

Tras disolver a súa sociedade con NPP-Sustainable Living Assistant (SuLA) e OCTES e PELLETime, grazas ao financiamento de NPA desenvolve o seu proxecto estrela, o e-Lighthouse, sendo así mesmo asociada no proxecto NPA Smart-Fish, buscando potenciar o desenvolvemento socioeconómico local do norte de Finlandia.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. "Oulu University of Applied Sciences - EUROPEAN SOCIAL FUND - European Commission". EUROPEAN SOCIAL FUND (en inglés). Consultado o 2019-05-15. 
  2. "Oulu University of Applied Sciences – Presentation". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2018. Consultado o 2019-05-15. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar