ODESSA (Organisation der ehemaligen SS-Angehörigen) é o nome que se lle deu a unha presunta organización formada por antigos membros do Schutzstaffel tras a derrota alemá na segunda guerra mundial, o propósito do grupo era facilitar posibles rotas de escape dos membros dos SS cara a América do Sur e Oriente Medio. Popularizada pola novela The Odessa File de Frederick Forsyth tivo grande fortuna literaria e cinematográfica pero non existe proba ningunha da súa existencia real, o que non impide que existisen diversas organizacións de axuda mutua de membros das SS para facilitar a evasión da xustiza.