Abrir o menú principal

Frederick Forsyth

Frederick Forsyth, nado en Ashford en 1938, é un escritor británico.

Frederick Forsyth
Frederick Forsyth - 01.jpg
Nacemento25 de agosto de 1938
 Ashford
NacionalidadeReino Unido
Alma máterUniversidade de Granada e Tonbridge School
Ocupaciónescritor, novelista, Piloto, foreign correspondent, espía, guionista e xornalista
Coñecido/a porThe Day of the Jackal
PremiosEdgar Award, Swedish Crime Writers' Academy, Grand Prix de Littérature Policière, Martin Beck Award, Cartier Diamond Dagger, Commander of the Order of the British Empire e Martin Beck Award
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou en Tonbridge School e na Universidade de Granada. En 1956 converteuse no piloto máis novo que nunca tivera a Royal Air Force. Logo de deixar a carreira militar en 1958 traballou como xornalista para pequenos xornais ata que en 1961 entrou en Reuters, foi correspondente en Francia, Bélxica, España, Alemaña Oriental, Alemaña Occidental e Checoslovaquia. En 1965 comeza a traballar para a BBC. Entre xullo e setembro de 1967 cubriu a Guerra de Biafra entre Biafra e Nixeria.

En 1968 deixou a BBC debido ás acusacións que as súas crónicas durante a Guerra de Biafra tomaran partido pola causa de Biafra e de falsificar informacións, e volveu a Biafra para cubrir a guerra pola súa conta.

En 1969 escribiu un libro sobre a Guerra de Biafra, The Biafra Story. Forsyth decidiu escribir unha novela coas mesmas técnicas de investigación que utilizaba no xornalismo, The Day of the Jackal, que se publicou en 1970 e que se converteu nun éxito de vendas internacional. Ao igual que o resto das novelas que publicou nos anos seguintes.

ObrasEditar