Nouvelle Action Royaliste

(Redirección desde «Nova Acción Realista»)

Nouvelle Action Royaliste (Nova Acción Monárquica), NAR é un partido político francés, que avoga pola instauración dunha monarquía constitucional en Francia, coñecidos ás veces como monárquicos de esquerdas pola súa ideoloxía próxima aos partidos da esquerda francesa.

Nouvelle Action Royaliste
Tipopartido político
Ideoloxíarealismo
Data de fundación1978
Presidente/aBertrand Renouvin (-) Editar o valor em Wikidata
Sederue Sibuet
PaísFrancia
Na rede
https://nouvelle-action-royaliste.fr
Youtube: UCRms3CbECdnZlqdHXM1TGkg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O presidente é Bertrand Renouvin, conta con arredor de 1.500 militantes, ten como órganos oficiais Royaliste (bimestral) e Le Lys Rouge (trimestral) e apoia os dereitos do conde de París (Henrique de Orleáns) ao trono de Francia.

Historia editar

Bertrand Renouvin fundouno en abril de 1971 co nome de Nova Acción Francesa (Nouvelle Action française), presentouse ás eleccións presidenciais de 1974 e conseguiu 43.722 votos (0.17%). En outubro de 1978 adoptou o seu actual nome. Nas eleccións presidencias de 1981 apoiou a candidatura de François Mitterrand e en 1982 o NAR funda os clubs Nouvelle Citoyenneté, cos que pretendía esparexer a súa influencia no seo da sociedade francesa. Nas eleccións presidenciais de 1988 volve dar o seu apoio a Mitterrand.
Propugnou o non no referendo sobre a constitución europea de 2004.

Ligazóns externas editar