Notting Hill (filme)

filme de 1999 dirixido por Roger Michell

Notting Hill é un filme británico-estadounidense de 1999 dirixido por Roger Michell. O guión foi escrito por Richard Curtis, autor de Catro vodas e un funeral (1994), e o filme foi producido por Duncan Kenworthy. Está protagonizado por Julia Roberts, Hugh Grant, Rhys Ifans, Emma Chambers, Tim McInnerny, Gina McKee e Hugh Bonneville. A historia conta o romance entre un libreiro de Londres, interpretado por Grant, e unha famosa actriz estadounidense, interpretada por Roberts.

Notting Hill
Ficha técnica
Título orixinalNotting Hill
DirectorRoger Michell
ProdutorDuncan Kenworthy
GuiónRichard Curtis
Intérpretes
MúsicaTrevor Jones
FotografíaMichael Coulter
MontaxeNick Moore
Estudio
Distribuidora
Estrea 21 de maio de 1999
28 de maio de 1999
Duración124 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido[1]
Estados Unidos de América Estados Unidos[1]
XéneroComedia romántica
Orzamento42 millóns de dólares
Recadación364 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt0125439 Filmaffinity: 551332 Allocine: 20287 Rottentomatoes: m/notting_hill Mojo: nottinghill Allmovie: v179536 TCM: 443669 Metacritic: movie/notting-hill TV.com: movies/notting-hill Netlix: 21304015Editar o valor em Wikidata

Estreouse o 21 de maio de 1999 e foi ben recibido pola crítica, converténdose no filme británico con maior recadación de 1999. Gañou un BAFTA, estivo nomeado noutras dúas categorías, e gañou outros premios, incluíndo un British Comedy Award e un Premio Brit pola banda sonora.

Personaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 American Film Institute (ed.). "Notting Hill". Consultado o 17 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar