Notícia de torto

Anverso do documento.
Reverso do documento.

A Notícia de torto é un manuscrito en pergamiño medieval datado en 1215 ou 1216,[1] considerado o segundo documento máis antigo en lingua galego-portuguesa, posterior á Notícia de Fiadores. Tal título, porén, é rexeitado por algúns autores coma Ramón Lorenzo que o considera "un híbrido latino-galego-portugués", mentres que outros nin sequera o consideran un documento.

O título é unha referencia á súa primeira liña (De noticia de torto que feceru(m) a Laure(n)cius Ferna(n)diz).[1]

Nel, Lourenço Fernandes da Cunha fai un minucioso relatorio das malfeitorías feitas polos fillos de Gonzalo Ramires.[1] O pergamiño, medindo 313 por 170 milímetros, escrito por ambas caras, foi atopado no mosteiro feminino de Vairão, e consérvase no Arquivo Nacional Torre do Tombo de Lisboa.[1] Probabelmente este escrito sexa unha tradución doutro en lingua latina, característica empregada adoito nos documentos medievais.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Notícia de Torto". Arquivo Nacional da Torre do Tombo. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2017. Consultado o 22 de marzo de 2016.