Notícia de Fiadores
documento en galego-portugués máis antigo coñecido con data
A Notícia de Fiadores é un pequeno texto en galego-portugués inserido nun pergamiño con outros tres documentos, conservado no Arquivo Nacional Torre do Tombo, en Lisboa.[1]
A súa datación, 1175, tórnao o posíbel candidato ao título de documento máis antigo escrito na lingua galaico-portuguesa que chegou até a actualidade, se ben o Pacto dos irmãos Pais poder ser anterior.[2]
Texto
editarO texto rexistra os nomes dos fiadores de Paio Soares Romeu e remata cunha curta frase en galego-portugués:
Istos fiadores atan .v. annos que se partia de isto male que li avem
Isto quere dicir algo coma "Estes fiadores dentro de cinco anos esixirán o que lles debo".[3]
Notas
editar- ↑ "Professor encontra primeiro texto escrito em português". estadão. 2002. Consultado o 29 de maio de 2002.
- ↑ Torre do Tombo. "Documentos relativos a Soeiro Pais (...) E Notícia de Fiadores". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2017. Consultado o 30 de xullo de 2015.
- ↑ "Quantos anos tem a língua portuguesa?". Consultado o 30 de xullo de 2015.
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Notícia de Fiadores |