Pobo noongar

(Redirección desde «Noongar»)

Os noongar (tamén coñecidos como nyungar) son un pobo aborixe australiano que residen no recuncho suroeste da provincia de Australia Occidental, dende Geraldton até Esperance. As súas terras tribais esténdense dende Jurien Bay no norte da rexión até a costa ao sur e as vilas de Ravensthorpe e Southern Cros polo leste. Ademais, o nome noongar é usado para identificar á lingua que a tribo emprega.

Grupos noongar.

Historia

editar

Anterior ó estabelecemento europeo, o pobo Noongar estaba dividido en polo menos 13 grupos ou tribos diferentes, que compartían unha cultura común e unha linguaxe semellante con algunhas diferenzas dialectales. Algúns autores consideran que o pobo Noongar é identificado por dous factores, sendo o primeiro destes o uso dunha palabra similar a "Noongar" para describirse a si mesmos (significando home); e a diferenza da maioría dos indíxenas australianos, non circuncisaban ós nenos homes como cerimonia de iniciación.[1]

Actualmente, perdeuse gran parte da cultura Noongar, incluíndo a identificación con agrupacións rexionais particulares, aínda que en tempos modernos algunhas persoas Noongar están a solicitar a súa afiliación ós grupos identificados por Tindale no século XX.

Como outros grupos aborígenes, a comunidade Noongar mantén disputas legais co goberno estatal polo recoñecemento dos seus dereitos ancestrais sobre as súas terras e obter o chamado Native Title (Título Nativo). Exemplar o rol do activista Eddie Mabo a este respecto: tamén grazas ao seu traballo, a doutrina do Terra nullius baixo o amparo da cal se colonizou Australia, quedou proscrita.[2]

Estímase que antes da colonización europea, a poboación noongar alcanzase entre 6.000 e 10.000 habitantes.[3] Unha vez que os colonizadores chegaron, a violencia e doenzas traídas por eles decimaron a gran parte da poboación; mais no presente o pobo noongar suma máis de 28.000 persoas.[4][5]

  1. Green, Neville (1984). Broken spears: Aborigines and Europeans in the Southwest of Australia. Perth, Western Australia: Focus Education Services. ISBN 0-9591828-1-0.
  2. "Mabo/The Man". 
  3. "Noongar Heritage and History". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2018. Consultado o 13 de xullo de 2018. 
  4. Fact sheet: Noongar history and Culture. South West Aboriginal Land & Sea Council (archivo .pdf).
  5. Commitment to a New Relationship. South West Aboriginal Land & Sea Council (Enlace web).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar