Nina Nikolaevna Zimina, nada en Beloret o 11 de outubro de 1942 e finada na mesma cidade o 24 de xuño de 2014, foi unha poeta e tradutora de lingua rusa de Bashkortostán.

Infotaula de personaNina Zimina
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1942 Editar o valor em Wikidata
Beloretsk, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xuño de 2014 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Beloretsk, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Rusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónMagnitogorsk State University (en) Traducir (1961–1966) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpedagoga , tradutora , poeta , escritora Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu na entón República Autónoma Socialista Soviética de Baskiria. Con seis anos pasou a polio e como resultado ao longo da súa vida padeceu dificultades para andar con liberdade[1]. Logo de se graduar na escola local nº 15 traballou como axudante de laboratorio durante un ano e en 1961 ingresou na facultade de filoloxía rusa do Instituto de Pedagoxía de Magnitogorsk[2].

Entre 1966 e 1976 ensinou lingua e literatura rusa nunha escola nocturna obreira da súa cidade natal e alí estivo involucrada na vida social e cultural, foi unha das fundadoras da asociación literaria Plavka e dirixiu a asociación cultural Chetver. En 1996 admitírona na Unión de Escritores da Federación Rusa e mais na da República de Bashkortostán. En 2011 logrou a distinción de "cidadá honoraria da cidade de Beloretsk"[3].

Literatura editar

Nina comezou a escribir de nena e cando ía en noveno grao apareceu o seu primeiro poema publicado nun xornal local e escribiu ata o fin da súa vida. Moitos dos seus poemas publicáronse no xornal local, Beloretskii Rabochii e no Ural así como en numerosas colleitas de poesías. O primeiro libro publicouno en 1984 so o título de Raduga. O tema central da súa poesía é a meditación filosófica sobre o significado do amor e en xeral da vida [4]. Ademais de coleccións de poesías publicou libros de relatos, en Chistiie nebesa (2005) as súas historias teñen como eixo a Gran Guerra Patria. En 2003 publicou o libro autobiográfico Etiud v biryuzovom svete e tamén traduciu ao ruso diversos poetas bashkires. En 2007 por Raduga nad Agideliu gañou o premio a mellor libro baskir do ano[5].

Coleccións editar

  • Raduga (1984),
  • Nezavershennii krug (1990),
  • Zhivu s lubovu (1991),
  • Poslednii listok na tonenkoii vetke (1993),
  • Stikhi v podarok liuvimomu (1993)
  • Solnyshko nod vecher (2000)
  • Belaia ptitsa schastia (2006)

Notas editar

  1. "Nina Nikolaevna Zimina". Beloretsk Blagochin. 
  2. Ушла из жизни поэтесса Нина Зимина. Bashinform, 26 de xuño de 2014
  3. Видеосюжет о НИНЕ ЗИМИНОЙ - награждение званием Почетный гражданин, осень, 2011 год
  4. "Zimina Nina Nikolaevna Arquivado 24 de novembro de 2020 en Wayback Machine. Башҡорт энциклопедияһы
  5. Nina Nikolaevna Zimina[Ligazón morta] beloretsk.bashkortostan.ru