Nina Gordon

música estadounidense

Nina Rachel Shapiro Gordon, nada en Chicago, Illinois o 14 de novembro de 1967, é unha cantante e guitarrista estadounidense de rock.

Infotaula de personaNina Gordon

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Nina Rachel Gordon Shapiro Editar o valor em Wikidata
14 de novembro de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónLatin School of Chicago (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , compositora , cantautora , guitarrista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e inglés estadounidense Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoWarner Bros. Records Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJeff Russo

IMDB: nm0330485 MySpace: ninagordon Spotify: 38Tbx2UU0VVtVfftWIdGZh Last fm: Nina+Gordon Musicbrainz: e82d6159-2558-4ab4-83ca-fa1cd2bc29a5 Discogs: 262025 Allmusic: mn0000416897 Deezer: 3861 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Cofundou a banda Veruca Salt, e é unha das valedoras da adopción do grupo Bangles como inspiración pop-rock para a xeración grunge de mediados dos anos 90 do século XX. Acadou a fama axiña mercede a temas de Veruca Salt como "Seether" ou "Volcano Girls". Tras lanzar tres discos coa banda, deixouna en 1998. No ano 2000 lanzou o disco en solitario Tonight and the Rest of My Life. Escribiu cancións para Fefe Dobson e Courtney Jaye, e o 8 de agosto do 2006 saíu o seu segundo disco en solitario, Bleeding Heart Graffiti.

Gordon e a súa parella, Jeff Russo (de Tonic), tiveron ó seu primeiro fillo, Ivy Nightingale Russo, o 21 de novembro de 2006.

Veruca Salt

editar

Veruca Salt foi fundada por Gordon e a súa amiga Louise Post. Orixinalmente a banda tiña a intención de ser unha formación acústica ao estilo de Indigo Girls, pero as dúas rapazas decatáronse de que ese non era o son que buscaban. Ao pouco tempo uníuselles o baixista Steve Lack, e o irmán de Gordon, Jim Shapiro, converteuse no seu batería, aínda que inicialmente só pretendía tocar para facerlle un favor á súa irmá.

Carreira en solitario

editar

Nina Gordon deixou Veruca Salt a principios de 1998 no medio de rumores sobre problemas coa súa compañeira Louise Post. Post mantivo o nome de Veruca Salt, a pesar de ser o único membro que permanecía na banda, e editou o álbum Resolver no ano 2000, o primeiro da banda sen Gordon.

Pouco despois do seu abandono Gordon tocou algún material en que compuxera en solitario en Boston, cos seus amigos Kay Hanley e Michael Eisenstein da banda Letters to Cleo. Nese ano cantou no tema "Beauty" do álbum en solitario de James Iha Let It Come Down. Ao pouco tempo comezou a gravar co produtor Bob Rock o álbum Tonight and the Rest of My Life, que foi rematado a principios de 1999 e sería editado polo selo Outpost Records no mes de agosto. Porén, Outpost Records foi absorbido por Geffen Records/Interscope Records e Gordon quedou sen discográfica para editar o material.

Gordon non estivo sen selo durante moito tempo e asinou con Warner Bros. Records aos poucos meses, e o álbum foi finalmente lanzado o 27 de xuño do 2000. O seu primeiro sinxelo, tamén titulado "Tonight and the Rest of My Life", funcionou ben na radio e incluso foi escollido para soar nalgúns anuncios. O segundo, "Now I Can Die", non acadou os mesmos resultados, e o terceiro, "2003", funcionou mellor a pesar de non ter vídeo e de apenas ter promoción.

Tonight and the Rest of My Life acadaría un decepcionante posto 123 na lista Billboard Top 200. Porén, a mediados da década conseguiu un aceptable número de vendas, chegando ás 300.000 nos Estados Unidos e ás 50.000 no Xapón.

Despois de que Gordon rematase de promocionar Tonight and the Rest of My Life a finais do 2001, tomouse un descanso e comezou a compoñer material para o seu segundo álbum en solitario. Porén, non entraría no estudio ata finais do 2003.

Gordon rematou de gravar o álbum a principios do ano 2004 e anunciou que sería chamado Even the Sunbeams. Poucos meses despois Gordon admitiu que non estaba contenta co traballo e que non o editaría. O único tema que sairía das sesións de gravación foi "Lighter on the Moon", que está dispoñible no MySpace de Nina.

Nina quixo regravar parte do material de Even the Sunbeams, xunto con temas novos no ano 2005 xunto co produtor e amigo Bob Rock. O álbum, agora titulado Bleeding Heart Graffiti, foi editado o 8 de agosto do 2006.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar